Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 30/09/2022 | COMPETENCIA SOCIAL E BENESTAR EMOCIONAL NO AUTISMO. XORNADA FORMATIVA con Capaces Lugo.

COMPETENCIA SOCIAL E BENESTAR EMOCIONAL NO AUTISMO. XORNADA FORMATIVA con Capaces Lugo.

Destinado ao profesorado en xeral de Educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato. Familias de persoas con TEA, persoas con TEA, e terapeutas que traballen con persoas con TEA.

15/10/2022 -

O vindeiro sábado 15 de outubro a nosa entidade CAPACES LUGO ofrecerá a xornada formativa "COMPETENCIA SOCIAL E BENESTAR EMOCIONAL NO AUTISMO", será impartida pola relatora Marlene Horna, Psicóloga colexiada, especialidade clínica e social. Máster en Atención temperá. Diploma de estudos avanzados. Dende hai máis de 15 anos traballa apoiando a nenas/os e adolescentes con TEA e as súas familias. Traballou na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela, como orientadora dun C.E.E.P.R da asociación ASPANAES e, na actualidade traballa de maneira particular e dentro da Unidade de Apoio Ambulatorio (UAM) da asociación BATA. Desenvolve a súa actividade apoiando a persoas con TEA nas súas contornas naturais (fogar, escola, comunidade...). Posúe unha ampla experiencia como docente adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institucións, asociacións e universiades.

Persoas destinatarias: Profesorado en xeral de Educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato. Familias de persoas con TEA, persoas con TEA, e terapeutas que traballen con persoas con TEA.

Lugar: Pendente de confirmación, en Lugo.

Data: 15 de outubro

Horario: 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30

Prezo

-Persoas asociadas da Asociación Capaces Lugo ou de entidades federadas da Federación Autismo Galicia e persoas en situación de desemprego: 15 euros.

-Persoas non asociadas: 35 euros.

 

Criterios de selección: As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as asociadas sobre as que non son asociadas.

 
Contidos
 
1. O problema de “a doble empatía”: ¿quen non comprende a quen?
2. Retos sociais no autismo.
3. O Masking ou enmascaramiento.
4. Cando as emocións asustan.
5. Pasos para enseñar a identificar, etiquetar e controlar emocións.
6. Rutinas tranquilizadoras.
7. Promovendo as relacións con iguais.
8. Estratexias para a comprensión e aprendizaxe social.
9. A comunicación verbal e non verbal.
10. Outros aspectos importantes: apariencia persoal, sexualidade…
11. Programa HAPPY.
 
 
INSCRICIÓNS: Para matricularse na formación deberá de cubrir o seguinte FORMULARIO  e facer o correspondente ingreso no número de conta de Caixa Rural Galega : ES71 3070 0031 4461 6571 5621, consignando como concepto: “Formación” e o nome da persoa que asistirá á Xornada. 
 
O prazo de inscrición péchase o vindeiro 11 de outubro de 2022.
 
 

Máis información no 619170890 e en capaceslugo@gmail.com

 

Programa da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA subvencionado por Xunta de Galicia -Consellería de Politica Social.

 

 

 

 

Lugar de celebración:

Pendente de confirmación, en Lugo.

Archivada en:
Infórmate > Agenda de Actividades