© Federación Autismo Galicia | 28/09/2022 | XORNADA Humanización sanitaria: modelos de atención para saúde das persoas con autismo.
XORNADA Humanización sanitaria: modelos de atención para saúde das persoas con autismo.
A xornada está destinada a profesionais do ámbito socio-sanitario, persoas con autismo, familias, e persoas interesadas no AUTISMO en xeral. Nesta xornada trataremos as necesidades das persoas con TEA no coidado da súa saúde e daremos a coñecer as boas prácticas que se están realizando na atención sanitaria ao paciente con TEA. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
XORNADA RECOÑECIDA DE INTERESE SANITARIO POLA CONSELLERÍA DE SANIDADE
OBXECTIVO:
Comprender as necesidades das persoas con TEA no coidado da súa saúde e dar a coñecer as boas prácticas que se están realizando na atención sanitaria ao paciente con TEA.
PERSOAS DESTINATARIAS: A xornada está destinada a profesionais do ámbito socio-sanitario, persoas con autismo, familias, e persoas interesadas no AUTISMO en xeral.
DATAS: 17 de Outubro de 2022.
MODALIDADE: Asistencia presencial ou online.
LUGAR: Salón de actos da Consellería de Sanidade. San Lázaro. Santiago de Compostela.
HORARIO: 10 h. a 13.30 h.
Nº DE PRAZAS: 50 presenciais e 100 online.
PRAZO DE INSCRICIÓN: ata 10 de outubro de 2022. Confirmaremos a praza por correo electrónico e facilitaremos o enlace na modalidade online para súa participación.
INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
PROGRAMA
PRESENTACIÓN INSTITUCIONAL DO ACTO.
Presidenta da Federación Autismo Galicia, Dna. Mercedes Fernández Angulo e representación da Consellería de Sanidade a cargo do Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña
RELATORIOS DE APERTURA
- SERGAS centrais: Adaptación e atención sanitaria a persoas con TEA. María tajes, Xefa do Servizo de Saúde Mental. Conselleria de Sanidade.
- O coidado da saúde e a labor de enfermería nas persoas con TEA da Fundación Menela. Antía Fernández, psicóloga e Ana Fernández, DUE da Fundación Menela.
MESA1: CAMIÑANDO COA SAÚDE DAS PERSOAS CON TEA. NECESIDADES E ACTUACIÓNS.
Modera: Patricia Blanco. Xerente da Federación Autismo Galicia.
- Necesidades e coordinación do sistema sanitario e as asociacións. Relatores: Emma Cuesta, psicóloga de Aspanaes. Ricardo Pérez, usuario SAF Ferrol, Aspanaes.
- A importancia da formación do alumnado de enfermería sobre os pacientes con necesidades especiais/TEA. Relatora: Dra. Nuria Esther Varela. Profesora titular da Escola universitaria de podoloxía e enfermería de Ferrol da Universidade da Coruña.
- Os meus coidados de enfermería e outras probas médicas: presentación do manual de axuda. Relatora: Cristina Couto, psicóloga da Federación Autismo Galicia.
MESA 2: OUTRAS EXPERIENCIAS DE MELLORA.
Modera: Macarena Sánchez. Terapeuta Ocupacional. Asociación Asperga.
- Accesibilidade cognitiva: recursos audiovisuais para facilitar o acceso e coñecemento do sistema sanitario aos pacientes. Relatora: Sinda Blanco, subdirectora da Subdirección Xeral de atención primaria.
- Experiencia no Centro de Saúde de Milladoiro: Programa de habituación ás consultas sanitarias. Relatora: Dra. Magdalena Seco.
- O Servizo de Urxencias de adultos do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC): un servizo máis accesible. Relatoras: Dra. Clara Olveira, da Subdirección de Calidade Asistencial da Área Sanitaria da Coruña e Cee e Dra. Laura López. Médico residente de psiquiatría en el Hospital General Universitario Gregorio Marañón en Madrid
CLAUSURA DO ACTO.
INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
Organiza: Federación Autismo Galicia
Financiado por: Convenio de Colaboración entre a Consellería de Sanidade- Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.
Lugar de celebración:
Salón de actos da Consellería de Sanidade. San Lázaro. Santiago de Compostela.