Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 21/09/2022 | CURSO de CAPACITACIÓN EN SOCIAL MEDIA MARKETING.

CURSO de CAPACITACIÓN EN SOCIAL MEDIA MARKETING.

Destinado a profesionais das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia que realizan tareas de comunicación. O obxectivo desta formación é adquirir as ferramentas e coñecementos necesarios para a mellora da comunicación externa das entidades da Federación Autismo Galicia, que repercute nas perosas con TEA e as familias. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

14/10/2022 -

CURSO de CAPACITACIÓN EN SOCIAL MEDIA MARKETING

Persoas destinatarias: O curso está destinado a profesionais das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia que realizan tarefas de comunicación.

Obxectivo: O obxectivo desta formación é adquirir as ferramentas e coñecementos necesarios para a mellora da comunicación externa das entidades da Federación Autismo Galicia, que repercute nas persoas con TEA e as familias.

Obxectivos específicos:

  • Coñecemento de ferramentas e implementación de estratexias de comunicación para o achegamento as familias.
  • Optimizar os proxectos de apoio de familias de persoas con TEA e mellorar o alcance destes.
  • Identificación da comunicación externa para a difusión, valoración dos produtos, servizos e contidos.
  • Análise das RRSS e medios para mellorar o impacto da campaña orientadas ao público obxectivo.
  • Coñecmento e optimización das ferramtas de difusión.

 

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

Data de realización: 14/10/2022 e 20/10/2022

Lugar de realización: Modalidade MIXTA: Primeira xornada ONLINE a través da plataforma Zoom, segunda Xornada PRESENCIAL

 

XORNADA 1

Modalidade: ONLINE

Data: 14/10/2022

Horario: 10:30h a 13:30h

XORNADA 2

Modalidade: PRESENCIAL (Sede Federación Autismo Galicia: CENTRO DE RECURSOS - Rúa Rodríguez de Viguri, 35, 15703, Santiago de Compostela)

IMPRESCINDIBLE que o alumnado dispoña do seu ordenador, ou dispositivo electrónico para o bo aproveitamento do curso.

Data: 20/10/2022

Horario: de 9:30h a 14:00h e de 15:00h a 19:30h. (Xantar a cargo da Federación Autismo Galicia)

 

Prazo inscrición:  ata o 10/10/2022

Número de prazas: 25

 

PROGRAMA:

Apertura do Curso: a cargo de Adriana Pazos Ottón. Presentación da HUB Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia, obxectivos do curso e consideracións ao respecto da Comunicación nas ONG e entidades da Federación Autismo Galicia.

1 Estratexia e planificación

  • Community Manager vs Social Media Manager.
  • Definición de estratexia e obxectivos.
  • Definición de públicos obxectivos e buyer persona.
  • Liñas temáticas.
  • Planificación e calendario.
  • Monitorización.
  • Medición (estatísticas)
  • Protocolos de crise.

2 Mix de redes sociais:

  • Facebook + Instagram na estratexia de contidos. Meta Business Manager e
  • Creator Studio. Formatos, cancelos, etiquetas e xeolocalización.
  • Twitter na estratexia de contidos. Tweetdeck (programación e seguimiento).
  • Formatos, cancelos, etiquetas e xeolocalización.
  • TikTok na estratexia de contidos. Funciona mentó, tipoloxía e xeración de audiencia.
  • Linkedin na estratexia de contidos. Linkedin como plataforma de branding + Linkedin como plataforma de captación de talento/clientes/promotores/colaboradores/voluntariado....
  • Youtube na estratexia de contidos. SEO.

3 Campañas de Social Media Ads:

  • Aumento de comunidade e captación de leads (inscricións, voluntariado, apoios económicos...)

4 Ferramentas de edición de fotografía e vídeo + deseño de cartelería:

  • Canva, Gimp, Fireshot, Clipchamp, Adobe Premier Rush, apps para dispositivos móbiles....

5 Marketing e comunicación para entidades sociais:

  • Redes sociais: substancia e forma.
    A comunicación social. A visibilidade dos servizos, produtos e profesionais.
  • A coordinación do traballo comunicativo (creación de rede e rango comunicativo).
  • A unificación de marca.
  • As crises de reputación + Resolución de dúbidas.

 

 

Xornada 1: 14 de outubro de 10:30 a 13:30 horas.

FORMATO ONLINE

MODULO 1/Estratexia e planificación:

▪ Community Manager vs Social Media Manager.

▪ Definición de estratexia e obxectivos.

▪ Definición de públicos obxectivos e buyer persona.

▪ Liñas temáticas.

▪ Planificación e calendario.

▪ Monitorización.

▪ Medición (estatísticas)

▪ Protocolos de crise.

MODULO 2/ Campañas de Social Media Ads

▪ Aumento de comunidade e captación de leads (inscricións, voluntariado,

apoios económicos...)

 

Xornada 2: 20 de outubro de 9:30 a 14:00 h. e de 15:00 a 19:30 h.

FORMATO PRESENCIAL

MODULO 1 / Marketing e comunicación para entidades sociais (1 horas)

  • Redes sociais: substancia e forma.
  • A comunicación social. A visibilidade dos servizos, produtos e profesionais.
  • A coordinación do traballo comunicativo (creación de rede e rango comunicativo).
  • A unificación de marca.
  • As crises de reputación + Resolución de dúbidas.

MODULO 2/ Mix de redes sociais

  • Facebook na estratexia de contidos. Meta Business Manager e Creator Studio. Formatos, cancelos, etiquetas e xeolocalización.
  • Twitter na estratexia de contidos. Tweetdeck (programación e seguimiento). Formatos, cancelos, etiquetas e xeolocalización.
  • TikTok na estratexia de contidos. Funciona mentó, tipoloxía e xeración de audiencia.
  • Linkedin na estratexia de contidos. Linkedin como plataforma de branding + Linkedin como plataforma de captación de
  • talento/clientes/promotores/colaboradores/voluntariado....
  • Instagram na estratexia de contidos. Meta Business Manager e Creator Studio. Formatos, cancelos, etiquetas e xeolocalización.
  • Youtube na estratexia de contidos. SEO.

Ferramentas de edición de fotografía e vídeo + deseño de cartelería

  • Canva, Gimp, Fireshot, Clipchamp, Adobe Premier Rush, apps para dispositivos móbiles....

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

Formadores:

Francisco Gallego Guisán: Community & Content Manager en PicNic Ideas Felices.

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade Da Coruña no ano 1992, iniciou o seu contacto coa comunicación dixital moi temperamente facéndose cargo da posta en marcha e xestión das redes sociais dependentes da Concellería de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña entre os anos 2008 – 2011. Posteriormente, adicouse a traballos comunicativos en diferentes redes sociais de forma autónoma para, a partir do ano 2003, pasar a formar parte, como Community Manager & Content Maker, do equipo de PicNic Ideas Felices, división dixital da Reclam, primeira axencia de publicidade de Galicia que conta con 82 anos de historia.

Ao longo destes últimos anos ten traballado para empresas privadas dos ámbitos da saúde, automoción ou formación para o emprego, institucións públicas como a campaña Ti Fas Cambre (premio do consello asesor de RTVE en Galicia e da CRTVG á mellor campaña online en galego do ano 2012) dependente da Concellería de Promoción Económica e Emprego do Concello de Cambre e colexios e fundacións de interese público como o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia ou a Fundación Luís Seoane.

Destacamos, no eido da comunicación social, o seu traballo para a Asociación Diversos realizando en diferentes ocasións traballos de creación de contidos e comunicación dixital do seu festival “Encontro Artes pola Integración”, evento celebrado na Coruña que conta xa con once edicións. Ademais, ten impartido formación en comunicación dixital e redes sociais para o Concello de Santiago de Compostela, o Concello de Cambre e a empresa de servizos socioculturais Arasti Barca.

José Casás García: Xefe de Proxecto Dixital en PicNic Ideas Felices

José Casás García é Master en Comunicación e Industrias Creativas (2012) e Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (2007-2011). Actualmente prepara a súa tese de doutoramento, centrada na investigación das estratexias de loita contra a desinformación en liña. É membro, ademais, do grupo de investigación Novos Medios, da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela.

No ámbito docente imparte a materia de Redacción Informativa desde o curso 2017-2018 na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. Neste período coordinou o desenvolvemento de catro proxectos de Aprendizaxe-Servizo e que teñen como resultado final a publicación, xunto co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, de catro guías de estilo para xornalistas, principalmente enfocadas na utilización da linguaxe inclusiva en diferentes áreas temáticas.

Tamén vén desenvolvendo labores ligadas á comunicación dixital en diferentes empresas desde o ano 2012, entre as que destacan «Inboundcycle», «Positibos» e «Picnic. Ideas Felices». Este percorrido confírelle ampla experiencia na creación e execución de contidos informativos específicos para o entorno dixital, a través de ferramentas como o blog, as redes sociais, a web e técnicas como o SEO e o email marketing. En 2014, gaña o premio “Artigos Xornalísticos Normalizadores do Concello de Carballo” co texto «Os Exemplos».

 


 

Subvencionado pola Xunta de Galicia -Consellería de Política Social- a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das personas físicas (IRPF).

 

 

 

Lugar de celebración:

Modalidade MIXTA: Primeira xornada ONLINE a través da plataforma Zoom, segunda Xornada PRESENCIAL na sede da Federación Autismo Galicia: CENTRO DE RECURSOS - Rúa Rodríguez de Viguri, 35, 15703, Santiago de Compostela.

Archivada en:
Infórmate > Agenda de Actividades