Cookies

Noticias 

© FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA | 05/09/2022 | SERVIZO DE BOLSA DE EMPREGO. OFERTA LABORAL TÉCNICOS/AS EN XESTIÓN DE PROXECTOS PARA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA.

SERVIZO DE BOLSA DE EMPREGO. OFERTA LABORAL TÉCNICOS/AS EN XESTIÓN DE PROXECTOS PARA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA.

O Servizo de Bolsa de Emprego ten o obxectivo de que as nosas entidades federadas podan contar sempre con profesionais formados nas diferentes disciplinas para a prestación dos seus servizos especializados

05/09/2022

O perfíl demandado está enmarcado no Proxecto Rumbo, o cal plantexa implementar un novo modelo de apoio á autonomía persoal e ao coidado das persoas con discapacidade, especialmente aquelas con maiores necesidades de apoio, mediante a combinación de servizos e recursos que permitan evitar a súa institucionalización e manter ás persoas na súa contorna, facilitando formas de vida inclusiva en condicións de seguridade, accesibilidade e benestar

Entidade:

FEDERACION AUTISMO GALICIA.

Localización:

SANTIAGO, VIGO E CORUÑA

Perfil solicitado:

Nº postos traballo: 3

  • Técnico/a de Xestión Proxectos Santiago
  • Técnico/a de Xestión Proxectos A Coruña
  • Técnico/a de Xestión Proxectos Vigo

Requisitos:

  • Titulación universitaria e postgrao, preferentemente; psicoloxía, pedagoxía, traballo social, terapeuta ocupacional  e educación social, económicas e administración e dirección de empresas.
  • Experiencia en postos  similares desempeñando funcións relacionadas coa xestión de proxectos.
  • Formación e experiencia co colectivo de persoas con autismo.
  • Carnet de conducir e vehículo propio.
  • Uso de ferramentas: Word, excel  e power point.

Funcións:

  • Xestión, implementación e supervisión do proxecto, garantindo o cumprimento dos obxectivos e resultados .
  • Seguimento e coordinación co resto de axentes implicados no terrritorio
  • Seguimento económico e técnico do proxecto

Se valorará:

  • Capacidade para traballar en equipo
  • Capacidade de adaptación e aprendizaxe
  • Planificación e organización
  • Responsabilidade e autonomía

 

Tipo de xornada:

A tempo completo (38`5h semanais)

Horario laboral:

08:00 a 15.00  de luns a venres

Luns de 16:00 a 20:00

 

Duración do contrato:

Ata 31/12/2024

Incorporación:

Inmediata, setembro / outubro 2022

Salario:

Segundo convenio colectivo de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade.

PREME AQUÍ E ENVÍA A TÚA POSTULACIÓN CUBRINDO O FORMULARIO.

Observacións:

O ARQUIVO DO CV DEBE DENOMINARSE CV_nome_candidato/a_localidade_Rumbo.

 

 

 

 

Que é o Servizo de Bolsa de Emprego?

Dende a Federación Autismo Galicia, apoiamos ás nosas entidades federadas coa creación do Servizo da Bolsa de Emprego. A finalidade do servizo é recoller un gran número de candidaturas cos perfís máis demandados polas nosas entidades, co obxectivo de que estas podan atopar o perfil profesional que precisan nun momento dado, dun xeito áxil.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias