Cookies

Noticias 

© A Federación Autismo Galicia | 01/07/2022 | A Federación Autismo Galicia achega a profesionais do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia recursos e estratexias para a atención a persoa con autismo.

A Federación Autismo Galicia achega a profesionais do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia recursos e estratexias para a atención a persoa con autismo.

Sensibilización e boas prácticas nos servizos profesionais de Fisioterapia para as persoas con autismo co proxecto de accesibilidade cognitiva 1 de 100 Plus.

 

04/07/2022

A fisioterapia no abordaxe do tratamento do trastorno do espectro do autismo.

Sensibilización e as boas prácticas nos servizos profesionais de Fisioterapia para as persoas con autismo.

O autismo é unha condición de diagnóstico complexo que provoca, entre outros síntomas, dificultades neuromotrices, por isto a Federación Autismo Galicia xunto con o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, embarcaranse nun seminario online para os/as colexiados/as o vindeiro sábado 9 de xullo de 2022.

Sendo as consultas de fisioterapia unhas das máis demandadas polos pacientes con TEA, a causa das súas doenzas ou rehabilitación, e necesario dotar aos profesionais de recursos e estratexias específicas para o trato e atención especializada da persoa con TEA e as súas familias.

Nesta data da comezo a primeira das formacións para os profesionais do ámbito sociosanitario en accesibilidade cognitiva e TEA, e enmárcase dentro da iniciativa do Proxecto da Federación Autismo Galicia 1 de 100 Plus, dando así prioridade a un proceso de sensibilización cara os profesionais da fisioterapia,  que están en contacto directo coas persoas con  TEA.

A formación terá en conta as achegas nas particularidades que presentan os pacientes con este tipo de trastorno do neurodesenvolvemento tanto a nivel de comunicación e relación social, como de inflexibilidade nos procesos.

Do mesmo xeito tanto os pacientes con TEA e os seus familiares veranse beneficiados, xa que atoparanse con profesionais da fisioterapia con máis coñecemento e recursos de cara o trato interpersoal e a intervención terapéutica

Grazas ó interese e vontade colaboradora de todo o Colexio Oficial de Fisioterapeutas para o traballo conxunto coa Federación Autismo Galicia, os/as colexiados/as poderán achegar as súas dúbidas, ampliar os seus coñecementos cara o Trastorno do Espectro do Autismo e mellorar en accesibilidade cognitiva a súa praxe e as contornas de traballo.

Deseño universal en todos os ámbitos da nosa sociedade: O proxecto 1 de 100 Plus.

O proxecto 1 de 100 Plus pretende incidir sobre a necesidade fundamental de ter profesionais formados en accesibilidade cognitiva e na especialización de TEA que palíen o descoñecemento e vulnerabilidade co que frecuentemente atópanse na atención e o acceso aos servizos, as persoas con TEA.

O proxecto 1 de 100 Plus, da Federación Autismo de Galicia é un proxecto financiado pola Deputación da Coruña e  está destinado a superar barreiras cognitivas e comunicación social que obstaculizan o desenvolvemento autónomo da persoa con trastorno do espectro do autismo, en diante TEA, nos servizos e centros sanitarios que realizan o apoio terapéutico ás súas necesidades.

Ten como obxectivo á sensibilización por medio dunha serie de formacións gratuítas enfocadas aos profesionais do ámbito sanitario para achegar as particularidades do trastorno do espectro do autismo e as estratexias en accesibilidade cognitiva para a mellora das intervencións e contornas sociosanitarias.

1 de 100 Plus pretende formar a especialistas dos diferentes colexios profesionais, ademais de contribuír á sensibilización, á mellora do coñecemento dos profesionais colexiados e a tecer redes de colaboración por medio de conferencias formativas.

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias