Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 29/06/2022 | AUTISMO GALICIA celebra a súa ASEMBLEA ORDINARIA e apróbanse a Memoria de Actividades e contas 2021

AUTISMO GALICIA celebra a súa ASEMBLEA ORDINARIA e apróbanse a Memoria de Actividades e contas 2021

O pasado luns 27 de xuño, celebrouse asemblea ordinaria presentando e aprobando as contas e MEMORIA DE ACTIVIDADES 2021. Outro ano máis no que, aínda que afrontamos a situación de pandemia coa vacinación, tamén nos fixemos máis fortes, afianzamos o traballo en rede e conseguimos novos retos. 

 

29/06/2022

Autismo Galicia celebra a súa asemblea odinaria e apróbanse as contas e memoria de actividades 2021.

O pasado luns 27 de xuño, coa asistencia e representación das entidades celebrouse a asemblea ordianaria da Federación Autismo Galicia. Na orde do día a presidenta da Federación Autismo Galicia fixo un análisis das actividades do ano 2021, comentando as novidades e as accións das diversas áreas de funcionamento da Federación Autismo Galicia; presentáronse tamén e aprobáronse as contas do ano 2021 e a memoria de actividades do ano 2021.

DESCARGA E CONSULTA  A MEMORIA DE ACTIVIDADES AUTISMO GALICIA 2021

DESCARGA E CONSULTA as contas 2021

Un ano marcado pola Covid e a vacinación.

A presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo, comentou a capacidade de adaptación dos servizos e dos equipos de traballo, e das persoas con TEA, a este novo desafío:

"Neste ano ampliáronse os coñecementos sobre a COVID, e fomos quen de adaptarnos a unhas medidas de restricións que co traballoconxunto deron paso a unha nova normalidade. Foi un ano marcado pola vacinación contra a COVID en toda a poboación, e sobre todo naquela máis susceptible, na que as persoas con TEA unha vez máis foron exemplo e demostráronnos que cos apoios necesarios poden adaptarse aos obstáculos que xurdan na vida diaria.

Tanto a federación como todas as nosas entidades, a través dos profesionais das mesmas, estiveron apoiando cos recursos e medios dispoñibles, poñendo de novo en relevo, o gran valor que representan na prestación de servizos para as persoas con TEA."

https://www.autismogalicia.org/files/mscag/2022-6/29-11-39-33.admin.axo27.jpg

Análise dos obxectivos estratéxicos da federación.

Mercedes Fernández Angulo, fixo fincapé na necesidade de divulgar o coñecemento sobre o TEA, coa misión de ofrecer información actualizada e contrastada dentro dun marco de evidencia científica que permita unha maior eficiencia no apoio ás persoas con TEA e ás súas familias. Na necesidade do reforzo do Diagnóstico, o crecemento dos Servizos de Atención temperá, e o incremento no acceso ao mercado laboral para as persoas con TEA.

" Nos últimos anos constatouse un aumento dos casos detectados e diagnosticados de TEA. Evidénciase por unha banda o traballo que se está realizando en detección temperá e no diagnostico do TEA, e por outra apréciase que os servizos de Atención Temperá das nosas entidades seguen medrando. En vista da especificidade do TEA, observamos a necesidade de seguir na liña da especialización.

É preciso continuar co impulso dado aos recursos educativos e comunitarios adaptados ás súas necesidades individuais, e poñer á súa disposición unha rede de apoio que lles facilite a participación social en todas as etapas da vida, promovendo así unha mellor calidade de vida."

 

A MEMORIA de actividades da Federacion Autismo Galicia 2021 reflicte todo este esforzo conxunto no que a federación é exemplo de cohesión, traballo e compromiso. 

Na memoria recóllense as accións que se levaron a cabo dende a Federación Autismo Galicia e as súas entidades.

O noso compromiso cara os seguintes anos

Temos que seguir traballando nas distintas accións e incidencia política para que siga crecendo a cifra de persoas con TEA que entra no mercado laboral, e logra ter unha vida autónoma. Os servizos de comunicación das entidades traballaron para que a través dos medios de comunicación e dixitais se obteña unha maior difusión sobre a información e sensibilización do TEA. Temos que ser referentes en todos servizos da comunidade: a educación, a sanidade, a accesibilidade cognitiva, o lecer, o deporte...

A Federación Autismo Galicia debe seguir traballando para avanzar na cohesión do colectivo na comunidade galega, e apostando pola especificidade do TEA e a especialización dos seus servizos.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias