Cookies

Noticias 

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA promociona o PROXECTO COIDOME: ATENDO A MIÑA SAÚDE, co obxectivo de promover o benestar físico, psicolóxico e emocional das persoas con TEA.

O proxecto consta de de diferentes accións e recursos audiovisuais centrados nas temática do coidado, como actividade física, coidado persoal e saúde mental, na que abordaremos a ansiedade ou a prevención de adiccións.

 

29/04/2022

É necesario promover o benestar físico, psicolóxico e emocional das persoas con TEA e os seus familiares, favorecendo hábitos saudables mediante actividades para a educación e o coidado da saúde.

As persoas con TEA, deben manter hábitos de vida saudables, deben ser quen que ter habilidades para isto, de igual maneira que outro cidadán pero, precisan tamén neste campo apoios e introdución de medidas que faciliten este proceso natural e necesario para que a calidade de vida e o desenvolvemento no seu ciclo vital.

O proxecto Cóidome: o coidado da miña saúde pretende contribuír a capacitación das persoas con TEA mediante accións que contribúan á adquisición de hábitos de vida saudable, promoción da saúde e habilidades funcionais nas persoas con TEA.

A necesidade de desenvolver actividades de promoción da saúde nas persoas con TEA existe dado que, o amplo campo de apoio que é preciso moitas veces coas persoas con TEA, dende o mesmo momento do diagnóstico, fai que este, o da saúde, sexa case un dos menos abordados e, salvo o relacionado cos coidados básicos das mesmas que calquera persoa leva a cabo dentro dos calendarios sanitarios establecidos, non se realiza unha atención específica e adaptada ás súas necesidades que lles permita superar ás barreiras que poden dificultar o coidado da saúde da persoa con TEA e da familia.

Neste proxecto contamos coa colaboración das seguintes entidades da Federación Autismo Galicia:

ASOCIACION ASPERGA

ASOCIACION APACAF

ASOCIACIÓN AUTISMO VIGO

FUNDACION MENELA

Faremos unha actividade de promoción e coidado da saúde física e mental nas persoas con TEA a través de diferentes accións e recursos audiovisuais centrados nas temática do coidado, como actividade física, coidado persoal e saúde mental, na que abordaremos a ansiedade ou a prevención de adiccións.

Presentámosvos o primeiro video da Campaña #Cóidome: o coidado da miña saúde.

Compartimos algunhas das dificultades máis habituais que presentan as persoas con TEA e propoñemos achegas sinxelas e prácticas para favorecer hábitos saudables, mediante actividades para o coidado da saúde. A través do programa de mellora de atención sanitaria e saúde da Federación Autismo Galicia presentamos o Video: “Cóidome: actividade física”.

O BENESTAR FÍSICO NAS PERSOAS CON TEA.

O benestar físico é unha dimensión esencial no marco da saúde, así como unha dimensión fundamental na calidade de vida dunha persoa. A actividade física é un dos pilares nos que se asenta a saúde e benestar da poboación en xeral e das persoas con TEA en particular.

As investigacións sobre o exercicio físico demostraron que o deporte pode ir moi ligado a dar resposta as necesidades de apoio nas persoas con TEA.  Diminúe o estrés, aumenta as habilidades motoras, axuda a desenvolver virtudes individuais e sociais, como a comunicación e a previr o sedentarismo, moi habitual nas persoas con TEA. E sendo conscientes de que o exercicio físico e o deporte, poden considerarse parte importante na xestión da promoción da saúde, sexa por beneficio en si mesmo ou como tratamento de axuda en algunhas enfermidades, parécenos importante incidir nesta liña de traballo.

Facer exercicio de forma regular reduce a ansiedade, mellora a calidade e cantidade de sono, aumenta a resistencia física e a musculatura, desenvolve habilitades motoras, contribúe a manter uns niveis de azucre e sangue e de tensión arterial axeitados e axuda a establecer unha correcta postura corporal, ademais de ofrecer a posibilidade de traballar ás habilidades sociais, a capacidade de atención, comprensión e seguimento de ordes, autonomía persoal ou os beneficios de estar en contacto coa naturaleza.

O exercicio físico e os seus beneficios son transversais ao longo da vida. O deporte mellora a saúde, a condición física e o benestar persoal e, polo tanto, a calidade de vida.

 

 

 

Actividades financiadas polo convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

 

 

 

 

 


 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias