Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 25/04/2022 | As persoas con autismo seguen exceptuadas do uso da máscara con independencia da contorna ou contexto.

As persoas con autismo seguen exceptuadas do uso da máscara con independencia da contorna ou contexto.

A eliminación do uso das máscaras en espazos pechados, que contempla algunhas excepcións, continuará como ata o de agora para as persoas con TEA, que son exceptuadas do seu uso con independencia da contorna ou contexto (Artigo único 2.a de o RD 286/2022)

25/04/2022

Tras a aprobación do Real Decreto 286/2022, do 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, as persoas con autismo seguen exceptuadas do uso da máscara con independencia da contorna ou contexto Os profesionais e visitantes si están obrigados a facer uso das máscaras nas zonas compartidas dos centros, servizos e establecementos sociosanitarios.

Xa entrou en vigor o Real Decreto 286/2022, do 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID 19. A continuación resumimos como afecta esta normativa tanto ás persoas con trastorno do espectro do autismo ( TEA) como aos e as profesionais das entidades que lles prestan os apoios especializados que necesitan.

Como afecta as persoas con TEA?

A eliminación do uso das máscaras en espazos pechados, que contempla algunhas excepcións, continuará como ata o de agora para as persoas con TEA, que son exceptuadas do seu uso con independencia da contorna ou contexto (Artigo único 2.a de o RD 286/2022).

Así pois, lembramos que as persoas con TEA para quen o uso de máscara supoña unha dificultade engadida, poden prescindir do seu uso, tentando sempre que isto supoña o menor risco posible para si mesmos e para o resto de persoas. Así mesmo, instamos o resto da sociedade e especialmente aos traballadores da administración pública a coñecer e incorporar dentro do seu ámbito esta excepcionalidade co fin de evitar posibles vulneracións de dereitos das persoas con TEA.

Como acreditar esta excepcionalidade?

Achegando a seguinte documentación:

  • Certificado oficial de recoñecemento de discapacidade. No caso de ter recoñecida a discapacidade. 
  • Prescrición dun/a profesional sanitario ou social. No caso de dispoñer diso. 
  • Copia da Real Decreto 286/2022, do 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.  
  • Informes médicos, psicolóxicos ou sociais complementarios nos que se describan as necesidades individuais e/ou a existencia de dificultades conductuales (no caso de dispoñer deles)/deles). 

Como afecta as persoas profesionais?

A normativa si obriga a facer uso das máscaras nos centros, servizos e establecementos sanitarios por parte das persoas traballadoras, dos visitantes e dos pacientes, con excepción das persoas ingresadas cando permanezan na súa habitación. Así mesmo, nos centros sociosanitarios, os traballadores e os visitantes cando estean en zonas compartidas.

 
 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias