Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 18/04/2022 | O 18 de abril celébrase o Día Europeo dos Dereitos dos Pacientes.

O 18 de abril celébrase o Día Europeo dos Dereitos dos Pacientes.

1 de cada 100 nacementos no mundo presenta TEA (Trastorno do espectro do Autismo). Debido a alta prevalencia é importante comprender o autismo para poder ofrecer a mellor atención sanitaria especializada e unha accesibilidade na asistencia aos pacientes con TEA.

 

18/04/2022

O 18 de abril celébrase o Día Europeo dos Dereitos dos Pacientes, a iniciativa de Actívea  Citizenship  Network  ou Rede de Cidadanía Activa ( ACN), que é unha rede flexible de organizacións cívicas europeas que fomentan a participación activa cidadá na formulación de políticas europeas relativas á saúde, a responsabilidade social corporativa, a educación e a capacitación a nivel global.

O Día Europeo dos Dereitos dos Pacientes púxose en marcha en 2007 co fin de mellorar en Europa e en cada Estado membro os principios recollidos na Carta Europea dos Dereitos dos Pacientes. Os 14 dereitos que recolle esta Carta son o dereito á prevención da enfermidade e a acceder aos servizos de saúde que precise cada persoa, sen discriminación en función dos recursos, lugar de residencia ou enfermidade. Así mesmo, é crucial o dereito á información, ao consentimento e á libre elección. Inclúense tamén os dereitos á intimidade e a confidencialidade do paciente ou usuario; ao respecto do tempo dos pacientes; ao cumprimento dos estándares de calidade, á seguridade e á innovación. Por último, a Carta tamén recolle os dereitos á innovación, a evitar os sufrimentos innecesarios e a dor, a un trato personalizado, a reclamar e a recibir compensación.

PREME aquí para coñecer a Carta Europea dos Dereitos dos Pacientes.

Moitas  veces as persoas con TEA  son obxecto de estigmatización e discriminación, na atención a saúde.

Todas as persoas, teñen dereito a mellor nivel posible de saúde física e mental. Así a todo, moitas  veces as persoas con TEA  son obxecto de estigmatización e discriminación, na atención a saúde, educación e ter oportunidades de participación nas súas comunidades.

As persoas con TEA poden ter ademais outras necesidades asistenciais especiais relacionadas co autismo e outras condicións de saúde comórbidas.  Algúns dos trastornos médicos que aparecen nas persoas con TEA teñen que ver con unha causa común pero hai outras afeccións médicas cuxa explicación a atopamos en factores externos debido a dificultades e deficiencias nos hábitos do coidado persoal e hixiene (por exemplo: dificultades para lavarse os dentes que ocasionan maiores problemas odontolóxicos) ou derivados de síntomas ( por exemplo: lesións ortopédicas ou traumatolóxicas debidas a estereotipias, marcha ou postura anómala ou problemas nutricionais debido a restricións nutricionais coa selectividade dalgúns alimentos).

Algunhas enfermedades, que con maior probabilidade poden padecer as persoas con autismo son: alteracións sistémicas (por exemplo: fenilcetonuria ou esclerosis tuberosa), enfermedades neurolóxicas (por ex: Epilepsia), enfermedades dixestivas (por ex. Estrinximento, dor abdominal, refluxo, intolerancias), problemas dermatolóxicos, enfermedades endocrino-metabólicas,  dificultades oftalmolóxicas, orto-tramautolóxicas (por ex:  alteracións posturais, alteracións na rotación de membros inferiores), alteracións nas funcións fisiolóxicas básicas (por exemplo problemas de sono, alteracións na alimentación).

Ademais debemos ter en conta as dificultades das persoas con TEA para acceder aos servizos sanitarios, xa sexa polas súas características, como a dificultades para percibir, discriminar ou identificar a dor e outras sensacións corporais. Para ter os recursos para atenuar os efectos do malestar físico e escasos recursos cognitivos e relacionais para adaptarse a contorna. Ou dificultades para adaptarse no cambio da súa rutina diaria, que poden contribuir a que as alteracións da saúde poidan pasar desapercibidas ou enmascaradas.

Moitas veces as características do sistema sanitario tamén van a dificultar o acceso aos servizos das persoas con TEA. Contornas moi complexas, procesos moi lentos, saturado de persoas e estímulos,etc. Estas características son barreiras previas antes incluso de poder explicar o seu problema de saúde.

Tamén poden ser máis vulnerables a padecer enfermidades non  trasmisibles crónicas debido a factores de risco como inactividade física ou malas preferencias dietéticas, e corren maior risco de sufrir violencia, lesións e abusos.

En comparación co resto da poboación, as persoas con autismo teñen máis necesidades de atención de saúde desatendidas e son tamén máis vulnerables en caso de emerxencia humanitaria.

Do mesmo xeito que o resto dos individuos, as persoas con autismo necesitan servizos de saúde accesibles para as súas necesidades de atención de saúde xerais, en particular servizos de promoción, prevención e tratamento de enfermidades agudas e crónicas. Con todo, en comparación co resto da poboación, as persoas con autismo teñen máis necesidades de atención de saúde desatendidas e son tamén máis vulnerables en caso de emerxencia humanitaria. Un obstáculo frecuente radica nos coñecementos insuficientes e as ideas equivocadas que teñen os provedores de atención de saúde sobre o autismo.

Cristian e Adrián, rapaces con TEA da asociación TRASCOS, nos describiron a perfección, as súas dificultades e inquietudes cando van a realizar unha consulta ou realizar unha proba médica Podes velo en:

A OMS recoñece a necesidade de fortalecer a capacidade dos países para promover unha saúde e un benestar óptimos para todas as persoas con autismo.

A OMS (En maio de 2014, a 67.ª Asemblea Mundial da Saúde) e os seus asociados recoñecen a necesidade de fortalecer a capacidade dos países para promover unha saúde e un benestar óptimos para todas as persoas con autismo.

Os esforzos da OMS céntranse en: aumentar o compromiso dos gobernos coa adopción de medidas que melloren a calidade de vida das persoas con autismo; proporcionar orientación sobre políticas e plans de acción que aborden o autismo no marco máis xeral da saúde, a saúde mental e cerebral e as discapacidades; contribuír a fortalecer a capacidade do persoal de saúde para proporcionar unha atención adecuada e eficaz ás persoas con autismo e promover normas óptimas para a súa saúde e benestar; e fomentar as contornas inclusivas e favorables para as persoas con autismo e outras discapacidades do desenvolvemento e prestar apoio aos seus coidadores.

No Plan de Acción Integral da OMS sobre Saúde Mental 2013–2030 e a resolución WHA73.10 da Asemblea Mundial da Saúde sobre “Medidas mundiais contra a epilepsia e outros trastornos neurolóxicos” faise un chamamento aos países para que aborden as considerables deficiencias actuais na detección temperá, atención, tratamento e rehabilitación para os trastornos mentais e as alteracións do desenvolvemento neurolóxico, entre os que se inclúe o autismo. Na resolución ínstase así mesmo aos países a que aborden as necesidades sociais, económicas, educativas e en materia de inclusión, das persoas con trastornos mentais e outros trastornos neurolóxicos, así como das súas familias, e a que melloren a vixilancia e a investigación pertinentes.

A Federación Autismo Galicia traballa nun programa de mellora da asistencia sanitaria a pacientes con TEA.

Este programa abrangue accións de incidencia na contorna e contexto sanitaria, para contribuír na atención ao paciente con TEA.  Realiza accións en colaboración co SERGAS na mellora da contorna física das consultas ou espazos sanitarios, anticipación dos procesos na consulta ou probas sanitaria, a implementación de medidas que contribúan a comprensión de todo o proceso: dende a recepción ata que abandona a consulta e formación na mellora na comunicación co paciente con TEA e os seus acompañantes.

Preme aquí para consultalo programa.

Guía de atención e comunicación co paciente con TEA

Co coñecemento das necesidades e a nosa especialización no TEA ofrecemos a guía financiada polo SERGAS, de atención e comunicación co paciente con TEA. Unha ferramenta de consulta para os profesionais da saúde do SERGAS que permita ampliar o seu coñecemento sobre o paciente con TEA e como mellorar a atención a través de adaptacións non significativas do contexto no que se produce a atención e especialmente no proceso comunicativo para unha consulta máis eficaz.

PREME aquí para consultala GUÍA ou descargala.

 

 

 

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias