Cookies

Noticias 

© FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA | 25/03/2022 | ACTO OFICIAL DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO 2022

ACTO OFICIAL DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO 2022. #DíaMundialAutismo

O movemento asociativo da Federación Autismo Galicia, conmemora o DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO. Baixo o lema «Unha feliz viaxe pola vida», a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 pon o foco no dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo ( TEA) e as súas familias para gozar dunha vida feliz. INSCRÍBETE NO ACTO OFICIAL / PREME AQUÍ E CUBRE ESTE FORMULARIO



 

25/03/2022

RETRANSMISIÓN EN DIRECTO do ACTO OFICIAL DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO 2022. #DíaMundialAutismo

2 de abril Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas instaurou en 2007 o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, co obxectivo de poñer de relevo a necesidade de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e promover a súa inclusión en todos os ámbitos da sociedade como cidadáns e cidadás de pleno dereito.
Baixo o lema «Unha feliz viaxe pola vida», a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 pon o foco no dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo ( TEA) e as súas familias para gozar dunha vida feliz.
Moitas delas enfróntanse a un nivel moi alto de discriminación en todos os aspectos da vida, debido en boa medida á falta de concienciación sobre o TEA. É preciso eliminar os prexuízos existentes e empatizar co colectivo. Coñecer e comprender as súas necesidades para poder facilitarlles os apoios específicos que lles permitan vivir felices e participar na sociedade en igualdade de condicións respecto ao resto da cidadanía.
 
Para garantir a súa calidade de vida, as persoas con TEA, especialmente aquelas con máis necesidades de apoio, necesitan acceder a unha serie de servizos individualizados, específicos e especializados que deben ir adaptándose en función da etapa do desenvolvemento na que se atopen, así como das experiencias que fosen adquirindo ao longo da súa vida. Ademais, debemos ter en conta que o TEA non impacta só en quen o presenta, senón tamén na súa familia. Sendo a familia a fonte de apoio principal para as persoas con autismo, é indispensable tamén atender as súas necesidades, contribuíndo así a garantir o seu benestar emocional e a súa calidade de vida.
 

ACTO OFICIAL DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO. #DíaMundialAutismo.

INSCRÍBETE NO ACTO OFICIAL / PREME AQUÍ E CUBRE ESTE FORMULARIO

DATA: DÍA 2 DE ABRIL
HORA De 11:30h a 13:30h
O acto terá un formato televisivo en Straeming, coa colaboracion de Cidade da Cultura.
 
 
Na presentación oficial do acto contaremos coa presenza de Jacobo Rey Sastre, Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, e Mercedes Fernández Angulo, Presidenta da Federación Autismo Galicia, e vicepresidenta de Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro do Autismo da Provincia da Coruña, ASPANAES, e farase a PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA «Unha feliz viaxe pola vida» a cargo da presidenta da Federación Autismo Galicia.

Tamén como parte do acto faremos a PRESENTACIÓN DA REVISTA MAREMÁGNUM: "XXV anos da revista Maremágnum: Coñecemento e coidados do autismo" a cargo de Cipriano Luis Jiménez Casas, membro do consello asesor da FAG. Director xeral da Fundación Menela e director de la revista Maremágnum.

A continuación teremos unha serie de DIÁLOGOS DENDE O AUTISMO, nestes diálogos dedicados ao autismo, Cristina Couto Pena, psicóloga da federación presentará aos e as ponenetes e teremos o pracer de escoitar a:

  • Cipriano Luis Jiménez Casas, membro do consello asesor da FAG. Director xeral da Fundación Menela e director de la revista Maremágnum.
  • Juan Jesús Gestal Otero. Profesor emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC.
  • Ana M. Castro-Martínez. Doutora en Dereitores e presidenta de IN.XURGA.
  • Xurxo Mariño. Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas. Universidade da Coruña.
  • Adriana Pazos Ottón, Responsable de Comunicación e Incidencia Social da Federación Autismo Galicia
  • Ana Luengo Palomino. Profesora titular de Literatura na Universidade Estatal de San Francisco.
  • Conchi Muíña Romay e Nuria Sánchez Muíña, coautoras de “Onde o tempo non funciona”. PANUC.

E para rematar unha HOMENAXE A MIGUEL GALLARDO, recentemente falecido, amigo da Federación Autismo Galicia, no que intervendrán María Soledad García Penalta, membro da Xunta directiva da Federación Autismo Galicia en representación da Asociación Galega de Asperger, ASPERGA e Isabelle Touton. Profesora titular na Universidade Bordeaux-Montaigne.

Dando por rematado o acto coas palabras de Mercedes Fernández Angulo, Presidenta da Federación Autismo Galicia.

INSCRÍBETE NO ACTO OFICIAL / PREME AQUÍ E CUBRE ESTE FORMULARIO



 

 

 

Federación Autismo Galicia constitúese no ano 1995 como unha entidade sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública. Representamos a máis de 10.000 persoas agrupadas nas 16 entidades que nos conforman, procurando e defendendo os dereitos e necesidades das persoas con  TEA. Ofrecendo unha ampla rede de servizos integrais e específicos, dirixidos a persoas con Trastornos do Espectro do Autismo ( TEA) e ás súas familias.

 

PROGRAMA DE INCIDENCIA SOCIAL. Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

 


 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias