Cookies

Formación y actividades

© Federacion Autismo Galicia | 16/03/2022 | ROMPENDO BARREIRAS PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE COGNITIVA

ROMPENDO BARREIRAS PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE COGNITIVA

Actividade formativa dirixida aos docentes do CEE Nosa Señora do Rosario: Rompendo barreiras para mellorar a accesibilidade cognitiva no centro educativo. 

 

14/03/2022 -

Aitana Lage e Cristina Couto da Federación Autismo Galicia levarán a cabo dúas xornadas formativas sobre accesibilidade cognitiva o vindeiro 14 e 21 de Marzo. Estas actividades realízanse a través do Centro de Formación e Recursos da Coruña e estarán dirixidas ó profesorado do CEE Nosa Señora do Rosario.

Os docentes formaranse sobre accesibilidade cognitiva e como integrala como unha parte importante da accesibilidade. Coñecerán recursos e ferramentas sobre accesibilidade cognitiva para facilitar o uso e a comprensión da información e realizarán unha reflexión sobre como mellorar o acceso a información no seu centro.

Con esta capacitación e un centro cognitivamente accesible, todas a comunidade educativa seguirá contribuíndo a forma espontánea a identificar os aspectos que poden resultar de difícil comprensión, propoñer vías de mellora, ofrecer apoio ou exercer de guías ás persoas que o necesiten nun momento ou situación.

 

DATA: 14-21 de marzo

DESTINATARIOS: Profesorado do CEE Nosa Señora do Rosario.

RELATORAS: Aitana Lage, pedagoga e Cristina Couto, psicóloga Federación Autismo Galicia.

LUGAR DE CELEBRACIÓN: CEE Nosa Señora do Rosario.

 

Lugar de celebración:

CEE Nosa Señora do Rosario

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades