Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 08/03/2022 | 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. A falta de perspectiva de xénero nos procesos de detección e diagnóstico ten graves consecuencias para as nenas e mulleres con TEA

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. A falta de perspectiva de xénero nos procesos de detección e diagnóstico ten graves consecuencias para as nenas e mulleres con TEA

Instamos este 8 de marzo a garantir a mellora na detección e o diagnóstico do TEA, e que as políticas, actuacións e sistemas de apoio que se desenvolvan para dar resposta ás necesidades do colectivo incorporen de maneira efectiva a perspectiva de xénero e a situación das mulleres con TEA.

08/03/2022

Neste día tan importante de sensibilización con motivo do día internacional da muller, temos que ter en conta que segue a ser unha gran necesidade incidir na divulgación da especificidade do TEA e na importancia da saúde específica das mulleres.

ESTA É UNHA REALIDADE QUE AFECTA ENTRE 140.000 - 295.000 NENAS E MULLERES EN ESPAÑA.

Existe un amplo descoñecemento sobre como se presenta o autismo en nenas e mulleres e como impacta na súa calidade de vida, xa que se considerou unha condición maioritariamente masculina. Resulta imprescindible aumentar a formación dos equipos profesionais e dotarlles de ferramentas prácticas que poidan incorporar na súa desempeño habitual.

Cales poderían ser indicadores de TEA en mulleres? PREME E DESCARGA A INFOGRAFÍA

As marcadas diferencias e fallos no diagnóstico xerados polo sesgo de xénero facían que se considerase que había unha muller por cada 4 homes con TEA. Pero as melloras no diagnóstico están alterando esta porporción, situándose en 3/1 ou incluso 2/1.

Muller e TEA dende a perspectiva de xénero. PREME E DESCARGA A INFOGRAFÍA

Desde Autismo Galicia non somos alleas ás reivindicacións feministas que ocupan un espazo relevante nas axendas sociais e políticas a escala nacional e internacional. A reivindicación polo dereito das mulleres a lograr os medios e a independencia para facer e decidir sobre aquilo que nos permite mellorar a nosa situación, e para desenvolvernos persoalmente en plenitude.

É, para o noso colectivo fundamental aplicar a perspectiva de xénero á hora de analizar, tratar e reivindicar o cumprimento dos dereitos das persoas con TEA xa que aínda que debe considerase na elaboración de calquera política ou intervención, no noso caso cobra unha especial relevancia xa que historicamente o diagnóstico de autismo deuse en moita maior proporción en homes que en mulleres.

E debido a que a sintomatoloxía do autismo é moi diferente en mulleres e homes faise necesario tamén sensibilizar e traballar na importancia da detección temperá e o diagnóstico tardío nas mulleres.

A Federación Autismo Galicia leva anos traballando a mellora da asistencia sanitaria a pacientes con TEA, e levando a cabo accións de incidencia na contorna e contexto sanitario en colaboración coa Consellería de sanidade e Sergas, unha gran cantidade de proposta de medidas e melloras.

Consulta ou descraga a Guía: A detección do TEA nas mulleres.

Unha ferramenta de consulta elaborada pola Federación Autismo Galicia, para os profesionais de sanitarios que lles permita acceder a un maior coñecemento, comprender o autismo desde unha perspectiva de xénero, e de esta forma, desde Autismo Galicia seguir visibilizando á muller con TEA na procura de que se mellore a detección temperá e se teña en conta as súas necesidades na atención sanitaria. Financiada por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACIÓN ON LINE DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CON GALLO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: SAÚDE PARA TODAS.

Temos que traballar por mellorar o estado de saúde das mulleres con TEA, como poden ser a prevalencia de trastornos e enfermidades máis frecuentes, alteracións que produce a medicación no ciclo menstrual, a aparición de condicións comórbidas de saúde coincidentes coa menarquía (por exemplo crises epilépticas), a vulnerabilidade das nenas e mulleres con TEA a ser vítimas de abusos sexuais, etc.

Todo isto pon en evidencia a necesidade do control e sensibilización do coidado da saúde xinecolóxica da muller, que moitas veces retrasase ou non se realizan pola dificultade para afrontar a realización das probas recomendadas.

As intervencións da xornada WEBINARIO Saúde para todas: Experiencias profesionais e testemuños de mulleres con TEA. son o claro exemplo da importancia da realización destas inciativas, que as mulleres con autismo non sexan rostros ocultos, e se visibilicen as súas realidades e necesidades nun ámbito tan importante como o é a saúde.

Esta actividade de sensibilización recolle por unha banda, as experiencias prácticas profesionais sobre o coñecemento da saúde e a detección e apoio das necesidades das mulleres con autismo e por outra, testemuños vitais de mulleres con TEA sobre as súas experiencias no coidado da saúde.

 

 

 

 

 

 

PROXECTO Axenda de Contidos de interese para o colectivo TEA. PROGRAMA DE INCIDENCIA SOCIAL. Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

 

 

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias