Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 11/02/2022 | CICLO FORMATIVO ABORDAXE DO TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO NO ÁMBITO EDUCATIVO 2022

CICLO FORMATIVO ABORDAXE DO TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO NO ÁMBITO EDUCATIVO 2022

Abordaxe do TEA no ámbito educativo é unha oferta formativa que consta de tres cursos (1) Comprensión e estratexias de apoio, (2) Habilidades Sociais, (3) Comprensión e intervención sobre as condutas problemáticas. INSCRICIÓN nos tres cursos ou por separado NESTA LIGAZÓN.

12/03/2022 -

PROGRAMA DE FORMACIÓN FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA 2022
Abordaxe do TEA no ámbito educativo.

Abordaxe do TEA no ámbito educativo é unha oferta formativa que consta de tres cursos (1) Comprensión e estratexias de apoio, (2) Habilidades Sociais, (3) Comprensión e intervención sobre as condutas problemáticas.

INSCRICIÓN nos tres cursos ou por separado NESTA LIGAZÓN.

DESTINATARIOS: O curso está dirixido preferentemente a profesionais do ámbito educativo que traballan con persoas con Trastorno do Espectro do Autismo ; Mestres, educadores, orientadores, psicólogos, psicopedagogos, logopedas, coidadores etc. * Non está dirixido a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia.

CONSULTA E DESCARGA O PROGRAMA COMPLETO COS TRES CURSOS DO CICLO FORMATIVO NESTA LIGAZÓN

CURSO 1: COMPRENSIÓN E ESTRATEXIAS DE APOIO AO ALUMNADO NO TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO

Data de realización: 12 MARZO 2022
Horario: 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30
Lugar: Sede A Fundación. Rúa do Vilar nº 19. 15705 Santiago de Compostela.

CURSO 2: HABILIDADES SOCIAIS NO TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO

Data de realización: 26 MARZO 2022
Horario: 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30
Lugar: Sede A Fundación. Rúa do Vilar nº 19. 15705 Santiago de Compostela

Curso 3: COMPRENSIÓN E INTERVENCIÓN SOBRE AS CONDUTAS PROBLEMÁTICAS NO TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO: O APOIO CONDUTUAL POSITIVO

Data de realización: 23 ABRIL 2022
Horario: 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30
Lugar: Sede A Fundación. Rúa do Vilar nº 19. 15705 Santiago de Compostela.

DOCENTE: MARLENE HORNA CASTIÑEIRAS

Psicóloga, especialidade Clínica e Social e habilitación sanitaria. Máster en Atención Temperá e Diploma de Estudos Avanzados pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde fai máis  vinte anos apoia a nenos e nenas e adolescentes no Espectro Autista e ás súas familias. Comezou a súa traxectoria profesional na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela e continuou como orientadora dun colexio específico da asociación ASPANAES. Na actualidade, traballa de maneira particular e dentro da  Unidade de Apoio Ambulatorio (UAM) da asociación BATA, en ambas as actividades presta apoio a persoas no Espectro do Autismo e ás súas familias nas súas contornas naturais (fogar, escola, comunidade). Posúe, ademais, unha ampla experiencia como docente adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institucións, asociacións e universidades.

DESTINATARIOS
O curso está dirixido preferentemente a profesionais do ámbito educativo que traballan con persoas con TEA; Mestres, educadores, orientadores, psicólogos, psicopedagogos, logopedas, coidadores etc. * Non está dirixido a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia.

NÚMERO DE PRAZAS: 30  prazas por curso

MODALIDADE: PRESENCIAL

PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 4 de marzo 2022.

Asignación de prazas por riguroso orde de inscrición tendo preferencia as persoas que se inscriban nos tres  cursos. Confirmarase a praza por correo electrónico unha vez finalizado o prazo de  inscrición.

PREZO: 65€ Cada curso. Prezo reducido de 160€ ao inscribirse nos tres cursos á vez.

 

Lugar de celebración:

Sede A Fundación. Rúa do Vilar nº 19. 15705 Santiago de Compostela.

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades