Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 07/02/2022 | Máis de mil persoas con autismo da Rede de entidades da Federación Autismo Galicia benefícianse grazas aos programas desenvoltos co apoio do IRPF.

Máis de MIL persoas con autismo da Rede de entidades da Federación Autismo Galicia benefícianse grazas aos programas desenvoltos co apoio do IRPF.

Durante este ano Autismo Galicia e as súas entidades poderán desenvolver un maior número de programas e maior dotación económica, grazas as axudas da asignación tributaria do IRPF que distribúe a Xunta de Galicia.

07/02/2022

Como cada ano, a solidariedade cidadá, cando marca a casiña destinada a fins sociais na súa declaración da renda, constitúe unha oportunidade para poder desenvolver programas de atención a persoas con trastorno do espectro do autismo e ás súas familias, ou  programas para dotar e equipar servizos de entidades que dedicamos o noso traballo a desenvolvelos de forma especializada.

Dende a Área de Desenvolvemento Asociativo da Federación Autismo Galicia en coordinación co Departamento Financeiro da mesma, se presentaron á convocatoria de axudas para programas de interese social con cargo á asignación tributaria do 0, 7 do IRPF do ano 2021 (EXECUCIÓN 2022), un total de 10 programas cuxo contido abrangue accións de: respiro familiar, autonomía persoal e inclusión socio laboral, formación, asesoramento e protección social e xurídica, diagnóstico precoz e atención temperá, participación social, cultural e deportiva, prevención do envellecemento, accesibilidade cognitiva, obras e equipamento.

Todo eles baseados nas necesidades demandadas polas nosas entidades membro, como prestadoras de servizos de atención directa ao colectivo e pola propia federación e  dotados cun total de 498.863,84 euros.

Dende Desenvolvemento Asociativo se xestionarán un total de 360.665,60 euros para os programas que de forma directa levarán a cabo as nosas entidades federadas, cuxos principais destinatarios serán persoas con TEA e familias de toda a Comunidade Autónoma. Se realizarán actividades que promoverán a súa calidade de vida, a autonomía, a saúde, a inclusión social e laboral, a defensa dos seus dereitos, a súa capacitación como cidadáns, así mesmo, se xestionarán axudas para a mellora dos servizos e creación doutros novos.

Dende a Federación Autismo Galicia, se destinarán, aos mesmos beneficiarios e coa mesma finalidade un total de 138.198,24 euros.

De todos estes programas a Federación reporta información na súa memoria anual que se pode atopar nesta páxina web, onde calquera cidadán pode coñecer de forma máis detallada como se utiliza a súa solidariedade.

 

Marcar a X Solidaria contribúe a mellorar a calidade de vida das persoas con TEA: Campaña #XSOLIDARIA

Cada vez que marcamos a casiña de fins sociais sumamos a unha sociedade inclusiva e impulsamos a ruptura das barreiras que configuran a discapacidade.

A Federación Autismo Galicia dende o seu departamento de comunicación participa activamente na coordinación y producción da campaña #XSOLIDARIA con EAPN-Galicia, para apoiar e incentivar a recaudación do IRPF

A campaña “X Solidaria”, dirixida a informar e sensibilizar ás persoas contribuíntes para que marquen a casa 106 de Actividades de Interese Social na súa declaración da renda anual, é coordinada pola Plataforma de ONG de Acción Social e conta co apoio da Plataforma do Terceiro Sector, a Plataforma do Voluntariado de España, a Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social no Estado Español (EAPN-É), o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade ( CERMI), a Plataforma de Infancia e a Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento-España.

Todas as persoas que interviñeron cos seus testemuños no lanzamento de campaña da “X Solidaria” quixeron transmitir á cidadanía a importancia que ten para as persoas á que a vida lles ha posto nalgunha situación de vulnerabilidade, marcar esa “X Solidaria”, que fai posible que as ONG atendan e acompañen a millóns de persoas con distintas realidades, defendendo os seus dereitos sociais para que teñan os recursos que necesitan.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias