Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 24/01/2022 | EDITORIAL AUTISMO GALICIA

Xa tedes a vosa disposición para consulta e descarga as coleccións e publicacións na nova EDITORIAL AUTISMO GALICIA.

É a nosa labor divulgar coñecemento e converternos no referente principal en Galicia da concienciación do Autismo. Para isto abordamos e detectamos temas de interese para as persoas con TEA, profesionais e familias, elaborando diversos materiais de sensibilización e formación que tratan temas fundamentais para o noso colectivo.

26/01/2022

Un dos obxectivos estratéxicos da Federación Autismo Galicia é divulgar coñecemento sobre o TEA. Traballando sempre co compromiso de ofrecer información actualizada
e contrastada dentro do marco da evidencia científica que permita unha
maior eficiencia no apoio ás persoas con TEA e as súas familias.

É a nosa labor divulgar coñecemento e converternos no referente principal en Galicia da concienciación do Autismo tanto en temas de interese sobre as necesidades de información para as persoas con TEA, profesionais e familias, como na elaboración de materiais de sensibilización de diversos temas fundamentais para o noso colectivo.

Ser fonte fidedigna de información e de consulta para profesionais de distintos sectores, medios de comunicación, para as nosas entidades, para as familias e para a sociedade civil.
A tales efectos e para viabilizar as publicacións propias da Federación créase a EDITORIAL FAG, dende a que a Federación Autismo Galicia edita e distribúe todas as súas publicacions.

A divulgación do TEA realizase principalmente a través de tres eixos orientadas aos distintos públicos obxectivos:

  • Publicacións institucionais.
  • Publicacións de interés informativo/documental de
    divulgación del TEA.
  • Publicacións de sensibilización.

Listaxe de publicacións editadas ata o día de hoxe pola Federación Autismo Galicia.

Esta é a listaxe de publicacións editadas ata o día de hoxe pola Federación Autismo Galicia, no marco da súa acción de desenvolvemento e difusión de materiais específicos das distintas áreas de acción da Federación e as súas entidades, orientados cara á sensibilización do TEA e a súa implementación na práctica profesional de distintos sectores, impulsando o desenvolvemento das ferramentas que o faciliten, e a divulgación do trastorno do espectro do autismo para coñecemento da sociedade.

COLECCIÓN ACCESIBILIDADE

Se queres coñecer máis sobre accesibilidade cognitiva, creamos unha WEB específica do SERVIZO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA. Pica nesta ligazón: http://accesibilidad.autismogalicia.org/.

COLECCIÓN EDUCACIÓN e atención TEA.

COLECCIÓN SAÚDE

 

Tamén edítase a Publicación MAREMAGNUM, revista científica sobre os Trastornos do Espectro do Autismo. Ademáis destas publicacións a Federación Autismo Galicia edita tamén a súa Memoria Institucional, e o Calendario Institucional de carácter anual, así como participa activamante asesorando a diversas entidades e institucións na elaboración conxunta de diversos materiais que afondan no coñecemento do autismo.

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias