Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 17/12/2021 | Son ANDRÉS teño 11 anos e teño autismo. Me diagnosticaron autismo aos 20 meses. CAMPAÑA ISTO É TEA

Son ANDRÉS teño 11 anos e teño autismo. Me diagnosticaron autismo aos 20 meses. CAMPAÑA ISTO É TEA

Coñece a realidade das persoas con AUTISMO. Hoxe presentamos a ANDRÉS, destacando coa sua testimuña a importancia do diagnostico precoz. CAMPAÑA #ISTOÉTEA. O TEU APOIO TAMÉN É FUNDAMENTAL. AXÚDASNOS A DIFUNDILO?

17/12/2021

Hoxe presentamos a Andrés. CAMPAÑA #ISTOÉTEA #SomosTEA #SON1Máis

Son Andres teño 11 anos e teño autismo. Me diagnosticaron de autismo os 20 meses. O meu diagnóstico foi tan temprano, gracias a que a miña nai insistiulle o pediatra en que a miña interacción cas persoas e co mundo en xeral, non era coma a dos outros nenos.

Na actualidade o diagnostico precoz é en moitos casos un indicador dun bo pronóstico, por iso e necesario que os pediatras e os profesionais que traballan con nenos pequenos estén formados nos signos de alerta de autismo a idade temprana, e poidan detectalos.

 

"No meu caso, a pesar de que a miña nai lle dicían que era unha nai primeriza e que estaba moi obsesinada con obervar todo o que eu  facía, chegou con empeño ata a consulta do neuropediatra, quen confirmou a suas sospeitas e estableceu o meu diagnostico de autismo.

Comecei atención temperá nun centro especializado para persoas con trastorno do espectro autista casi de inmediato. Os pocos meses da intervención, os cambios comezaron a ser evidentes, empecei a xogar cos xoguetes de maneira mais funcional, a pedir, a compartir, a mostrar….e non deixei de progresar e de adquirir habilidades.!!!

A terapia deume habilidades non so a min, os meus país para coñecerme e sacar o mellor de min e os meus profesores para poder ensinarme como eu necesito.

Actualmente teño 11 anos, vou a unha escola ordinaria, saco moi boas notas, teño amigos cos que xogo a diario no patio e polas tardes e encantame facer un montón de cousas como pintar, leer ou xogar o squash. Sigo a necesitar a miña terapia porque según vou cumplindo anos as miñas necesidades son diferentes, pero algún día penso ser astronauta e chegar ata o espacio!!!!"

En canto ao Trastorno do Espectro do Autismo.

Nos últimos anos comprobamos un aumento exponencial dos casos de TEA no mundo. Actualmente estímase que en España poden haber unhas 450.000 persoas con TEA e en Galicia unhas 27.000. O certo é que o número de persoas con diagnóstico de TEA segue aumentando, dando un incremento na prevalencia dun caso de TEA cada 100.

O TEA non desaparece aínda que as súas manifestacións poden cambiar ao longo do ciclo vital da persoa.

Han de terse en conta dous aspectos esenciais en relación aos enfoques baseados na calidade: a calidade de vida da persoa como un obxectivo primordial da intervención e, a calidade da intervención en si mesmas como un medio de asegurar os mellores resultados posibles en canto a independencia e autodeterminación (Barthélémy, Fuentes, Howlin, e Jan Van der Gaag, 2007).

O autismo non é unha enfermidade, non desaparece. Neste sentido, existen factores que van ter unha influencia determinante no desenvolvemento da persoa e na súa calidade de vida, como: 

E temos que entender ás persoas adultas con TEA como persoas con capacidade para participar e decidir activamente no desenvolvemento da súa propia vida, con independencia da intensidade ou complexidade das súas necesidades de apoio, é fundamental para a calidade de vida da persoa e para adaptar as intervencións e apoios.

A heteroxenidade coa que se manifesta o TEA fainos reflexionar sobre a especificidade das necesidades de apoio, sabendo que cos apoios necesarios calquera perosa con TEA pode chagar a desenvolver unha vida satisfactoria. Canto maior é a calidade dos apoios, mellores son as vidas que hai detrás.

Para iso é necesario coñecer os elementos que cada persoa considera imprescindibles para o desenvolvemento da súa vida, e ter en conta de maneira sistemática as preferencias, necesidades e intereses prioritarios para promover o logro de metas individuais e a mellora da satisfacción persoal desde unha perspectiva integral.

"A calidade de vida das persoas con autismo depende do coñecemento que a sociedade teña desta" Theo Peeters.

A Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia lanza a Campaña de Concienciación Social sobre o AUTISMO: ISTO É TEA.

A pesar dos esforzos realizados e os avances acadados, o autismo non é suficientemente coñecido. Esta particular forma de procesar a información e situarse no mundo non é coñecida coa profundidade necesaria para procurar espazos sociais inclusivos para todas as persoas.

Temos como obxectivo xeral reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.

ISTO É TEA, xorde dunha reflexión conxunta para dar como resultado unha campaña divulgativa formada por diferentes accións en distintos formatos, que pretende concienciar e dar a coñecer o Trastorno do Espectro do Autismo tentando abarcar todas as súas diferentes manifestacións.

O deseño desta campaña forma parte da estratexia para a concienciación sobre o autismo en Galicia.

Por estas razones dende a Comisón de Comunicación da Federación Autismo Galicia composta polas entidades: Aspanaes, Apacaf, Fundación Menela, Asperga y Federación Autismo Galicia, coa participación de Antía Fernández Castro (Fundación Menela), Eva Pedreira e Sara Piñeiro (Aspanaes) María José García (Apacaf) Marigel López Martínez (Asperga) e Adriana Pazos Ottón (FAG), consideramos un obxectivo de prioridade reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.

ISTO É TEA é unha campaña de Concienciación Social deseñada pola Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia, un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

COÑECE A CAMPAÑA ISTO É TEA:

Son ANTÓN, teño autismo e recoñecido o 85% de discapacidade. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son César, teño autismo e recoñecido o 33% de discapacidade. Son deseñador gráfico. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son Carmiña teño autismo e vivo nunha residencia. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son BRAIS, e son un neno con autismo. CAMPAÑA ISTO É TEA.

Son Raúl, teño autismo e estou a facer prácticas para axudante de mantemento.

Son Paula, teño autismo, e estou estudando oposicións para correos. CAMPAÑA ISTO É TEA

Segue a campaña ISTO É TEA.

#IstoéTEA

#SonUNMÁIS

#SomosTEA

SUSCRÍBETE AO BOLETÍN EN:

https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=134

Archivada en:
Infórmate > Noticias