Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 05/11/2021 | Autismo Galicia informa a profesionais, persoas con TEA e as súas familias sobre os novos contidos da reforma da Lei 8/2021 do 2 de xuño.

Autismo Galicia informa a profesionais, persoas con TEA e as súas familias sobre os novos contidos da reforma da Lei 8/2021 do 2 de xuño.

Esta semana concluímos os webinarios dirixidos a profesionais, persoas con TEA e as súas familias sobre os cambios lexislativos no apoio as persoas con discapacidade “Lei 8/2021” do 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica.

05/11/2021

Unha reforma que se fai para adaptar o ordenamento xurídico español á Convención Internacional sobre os dereitos das persoas con Discapacidade.

Consulta nesta ligazón a “Lei 8/2021” do 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica.


Eugenia Torres (Dra. en Dereito e avogada) e Victor Vidal (Notario) informáronnos sobre o que supón esta lei, a substitución dos procesos de modificación da capacidade polos dirixidos a promover de apoios ás persoas con discapacidade. É dicir, que a persoa con discapacidade poida expresar as súas preferencias, desexos, vontades e intervir activamente no exercicio da súa capacidade xurídica.

Sen conflito de intereses nin influencia indebida, que sexan proporcionais e adaptadas as circunstancias de cada persoa e que estean suxeitas a exames periódicos por parte dunha autoridade ou un órgano xudicial competente.
A provisión de apoios engloba todo tipo de actuacións: ou acompañamentos, a axuda técnica na comunicación de declaración de vontades, a ruptura de barreiras arquitectónicas, a toma de decisión delegadas, etc. En situacións onde o apoio non poda darse doutro modo, este poderá ser en representación na toma de decisión, só excepcionalmente poderán nomearse ao curador estas funcións representativas.
 

Durante os webinarios tamén falamos doutras normas que se modifican como a lei hipotecaria, lei de protección patrimonial das persoas con discapacidade, etc.

Todas as medidas de apoio adoptadas xudicialmente serán revisadas periodicamente nun prazo de 3 anos, ou en casos ata seis, e en todo caso ante calquera cambio na situación da persoa que poda requirir a súa modificación.

 

 

Subvencionado pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).


 


 

 


 

Archivada en:
Infórmate > Noticias