Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 22/10/2021 | Onte a Comisión da Muller do CERMI Galicia, da que a Federación Autismo Galicia forma parte, celebrou o webinario da “Mulleres con Discapacidade deportistas”.

Onte a Comisión da Muller do CERMI Galicia, da que a Federación Autismo Galicia forma parte, celebrou o webinario da “Mulleres con Discapacidade deportistas”.

É fundamental promover a práctica de actividade física desde idades temperas a través de experiencias positivas con actividades accesibles e adaptadas para todos.

22/10/2021

A apertura do acto correu a cargo do presidente do CERMI Galicia, Luciano Fernández. A xornada contou, en primeiro lugar con un extenso testemuño de deportistas de todos os niveis e discapacidades.

Na primeira delas participou a atleta en cadeira de rodas, Nuria López; quen expuxo a súa experiencia deportiva xunto co importante labor de  sensibilzacion,  a medallista  paralímpica de tríatlon adaptado, Susana Rodríguez Gacio  adminitiendo que o deporte de alto nivel non respondía a “o máis saudable”, explicaba a importancia de ter un hábito deportivo regular.

Patricia Fernández, foi quen compartiu unha historia de valentía e tenacidade, visibilizando as dificultades que conleva practicar deporte para unha persoa con dano cerebral adquirido ( DCA). Por último, María José Botana, transmitíanos a frustración de verse relegada a ver desde o banco, a súa paixón o  futbol sala, por non permitir formar equipos mixtos na liga de veteranos.

Todas elas visibilizaron a diversidade de necesidades que se atopan as mulleres dentro do contexto da actividade física e o deporte. 

En segundo lugar, tivemos unha mesa de relatoras sobre a saúde e o deporte. Participou a subdirectora xeral de Programas de Fomento de estilo de vida saudables da Consellería de Sanidade, Silvia Suárez; a responsable de Lecer e Deportes de  Saude Mental FEAFES Galicia,  Zulema Rodríguez; a directora técnica de  Special  Olimpics, Eunice Mosquera, a terapeuta ocupacional e experta en terapia acuática, María José Hermida onde presentaron os diferentes recursos cos que contan as persoas con discapacidade en Galicia, tanto de actividades  e servizos, como informativos “Xanela aberta a familias” da Consellería de Sanidade, cunha  linea común, os beneficios  observables da práctica de deporte, a importancia do deporte en comunidade .

As historias de motivación e superación uníronse a reivindicación da falta de accesibilidade dos espazos (adaptación física, sensorial ou cognitiva) e a discriminación por razón de xénero.

En relación a isto, as persoas con TEA teñen menos posibilidade de participar en programas de actividade física que os seus iguais neurotípicos ( Duquette et al,2016). Recentes investigación analizaron as principais barreiras para a práctica da actividade física. Por exemplo, no estudo de Varin (2019) identifícanse tres barreiras principais:

- Barreiras individuais que foron relacionadas con un menor desenvolvemento das habilitades motoras, dificultades no comportamentos, dificultades na aprendizaxe e necesidades de supervisión (nalgunhas persoas con TEA).

- Barreiras familiares. Pola falta de tempo, recursos socio-económicas e as crenzas e percepcións das familias respecto a actividade física.

- Barreiras comunitarias. Identifícanse faltas de recursos e de oportunidades. (Duquette et al., 2016; Nichols, Block, Bishop y McIntire, 2019; Scharoun, Wright, Robertson-Wilson, Fletcher y Bryden, 2017).  

No contexto físico-deportivo, unha persoa con TEA pode mostrar desinterese ou pode presentar dificultades para entender e comprender as regras do xogo ou para desenvolver estratexias.  A contorna tamén pode ter estímulos que poden afectar aos diferentes órganos sensoriais.

Por exemplo, o tacto de un gorro de baño, o ruído dunha piscina, ou as luces dun pavillón deportivo poderían ser molestas.  As persoas con TEA poden ser moi sensibles a estímulos sensoriais aos sentidos do gusto, olfacto, tacto...

Polo tanto, resulta fundamental promover a práctica de actividade física desde idades temperas a través de experiencias positiva que xeren adherencia á actividade físicas, con actividades accesibles e adaptadas para todos.

Archivada en:
Infórmate > Noticias