© Federación Autismo Galicia | 30/06/2021 | Son BRAIS, un neno con autismo. CAMPAÑA ISTO É TEA
Son BRAIS, e son un neno con autismo. CAMPAÑA ISTO É TEA.
Coñece a realidade das persoas con AUTISMO. Hoxe presentamos a Brais, un neno con autismo. É un deber da educación promover o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional, asegurando os recursos necesarios. CAMPAÑA #ISTOÉTEA. O TEU APOIO TAMÉN É FUNDAMENTAL. AXÚDASNOS A DIFUNDILO?
Os nenos e nenas con TEA teñen necesidades específicas nas distintas etapas educativas.
A atención temperá é un ámbito prioritario para calquera neno ou nena de 0 a 6 anos con algunha alteración no seu desenvolvemento. O servizo debe ter un equipo interdisciplinario (psicoloxía, pedagoxía, logopedia, terapia ocupacional..) a través dunha intervención individualizada, adaptada e especializada en TEA. Que todos os axentes implicados na vida das persoas con TEA (centro educativo, ámbito sanitario, servizos sociais…)
Brais necesita axuda, entre outras cousas, coa xestión das emocións, a hipersensibilidade ou aprender outras habilidades para ser máis autónomo, como outros nenos e nenas. Tamén para desenvolver as habilidades comunicativas. Entender e comunicar as súas necesidades: "O que quero, onde esta, o que no me gusta ou non quero, o que quero pedir, e axuda para solucionar problemas e non frustrarme."
Os primeiros anos de vida son esenciais para alcanzar un axeitado desenvolvemento, sendo moi importante garantir e potenciar ao máximo o desenvolvemento das capacidades físicas, sensoriais e sociais nesta etapa.
Os servizos de atención temperá levan a cabo un conxunto de accións coordinadas con carácter global e interdisciplinar, encamiñadas a facilitar a evolución en todas as áreas de desenvolvemento do neno/a, respectando o propio ritmo e fundamentando a intervención en aspectos relacionales, lúdicos e funcionais. As accións dirixidas ás familias son de carácter orientativo e de apoio.
A atención temperá permite unha estimulación integral por parte de diferentes profesionais como logopedas, terapeutas ocupacionais, fisioterapeutas, pedagogos, psicólogos e neuropediatras.
En canto ao Trastorno do Espectro do Autismo.
Nos últimos anos comprobamos un aumento exponencial dos casos de TEA no mundo. Actualmente estímase que en España poden haber unhas 450.000 persoas con TEA e en Galicia unhas 27.000. O certo é que o número de persoas con diagnóstico de TEA segue aumentando, dando un incremento na prevalencia dun caso de TEA cada 100.
O TEA non desaparece aínda que as súas manifestacións poden cambiar ao longo do ciclo vital da persoa.
Han de terse en conta dous aspectos esenciais en relación aos enfoques baseados na calidade: a calidade de vida da persoa como un obxectivo primordial da intervención e, a calidade da intervención en si mesmas como un medio de asegurar os mellores resultados posibles en canto a independencia e autodeterminación (Barthélémy, Fuentes, Howlin, e Jan Van der Gaag, 2007).
O autismo non é unha enfermidade, non desaparece. Neste sentido, existen factores que van ter unha influencia determinante no desenvolvemento da persoa e na súa calidade de vida, como:
-
Acceder a un diagnóstico precoz e a unha atención temperá especializada.
-
Gozar de recursos educativos e comunitarios, adecuados ás necesidades e preferencias individuais.
-
Dispoñer dunha ampla rede de apoio social que fomente a participación na comunidade.
E temos que entender ás persoas adultas con TEA como persoas con capacidade para participar e decidir activamente no desenvolvemento da súa propia vida, con independencia da intensidade ou complexidade das súas necesidades de apoio, é fundamental para a calidade de vida da persoa e para adaptar as intervencións e apoios.
A heteroxenidade coa que se manifesta o TEA fainos reflexionar sobre a especificidade das necesidades de apoio, sabendo que cos apoios necesarios calquera perosa con TEA pode chagar a desenvolver unha vida satisfactoria. Canto maior é a calidade dos apoios, mellores son as vidas que hai detrás.
Para iso é necesario coñecer os elementos que cada persoa considera imprescindibles para o desenvolvemento da súa vida, e ter en conta de maneira sistemática as preferencias, necesidades e intereses prioritarios para promover o logro de metas individuais e a mellora da satisfacción persoal desde unha perspectiva integral.
"A calidade de vida das persoas con autismo depende do coñecemento que a sociedade teña desta" Theo Peeters.
A Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia lanza a Campaña de Concienciación Social sobre o AUTISMO: ISTO É TEA.
A pesar dos esforzos realizados e os avances acadados, o autismo non é suficientemente coñecido. Esta particular forma de procesar a información e situarse no mundo non é coñecida coa profundidade necesaria para procurar espazos sociais inclusivos para todas as persoas.
Temos como obxectivo xeral reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.
ISTO É TEA, xorde dunha reflexión conxunta para dar como resultado unha campaña divulgativa formada por diferentes accións en distintos formatos, que pretende concienciar e dar a coñecer o Trastorno do Espectro do Autismo tentando abarcar todas as súas diferentes manifestacións.
O deseño desta campaña forma parte da estratexia para a concienciación sobre o autismo en Galicia.
Por estas razones dende a Comisón de Comunicación da Federación Autismo Galicia composta polas entidades: Aspanaes, Apacaf, Fundación Menela, Asperga y Federación Autismo Galicia, coa participación de Antía Castro (Fundación Menela), Eva Pedreira e Sara Piñeiro (Aspanaes) María José García (Apacaf) Marigel López Martínez (Asperga) e Adriana Pazos Ottón (FAG), consideramos un obxectivo de prioridade reflexionar e atopar as canles apropiadas para a sensibilización e para dar a coñecer o TEA en toda a a súa complexidade.
ISTO É TEA é unha campaña de Concienciación Social deseñada pola Comisión de Comunicación da Federación Autismo Galicia, un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.
COÑECE A CAMPAÑA ISTO É TEA:
Son Raúl, teño autismo e estou a facer prácticas para axudante de mantemento.
Son Paula, teño autismo, e estou estudando oposicións para correos. CAMPAÑA ISTO É TEA
Segue a campaña ISTO É TEA.
#IstoéTEA
#SonUNMÁIS
#SomosTEA
SUSCRÍBETE AO BOLETÍN EN:
https://www.autismogalicia.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=134