Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 28/06/2021 | AUTISMO GALICIA APROBA A MEMORIA DE ACTIVIDADES 2020

AUTISMO GALICIA APROBA A MEMORIA DE ACTIVIDADES 2020

O pasado xoves 24 de xuño, coa asistencia e representación das entidades celebrouse Asemblea Xeral presentando e aprobando a MEMORIA DE ACTIVIDADES 2020. Un ano no que nos fiixemos máis fortes, conseguimos novos retos e afianzamos o traballo en rede.

28/06/2021

Autismo Galicia celebra a súa asemblea xeral e apróbase a memoria de actividades 2020.

DESCARGA E CONSULTA  A MEMORIA DE ACTIVIDADES AUTISMO GALICIA 2020

No 2020 e en consecuencia da crise desencadeada pola aparición da COVID19 os esforzos de Autismo Galicia centráronse en dar resposta ás necesidades tanto das entidades prestadoras de servizos como das persoas con TEA e as súas familias xordidas neste novo contexto.

O pasado xoves 24 de xuño, coa asistencia e representación das entidades celebrouse Asamblea Xeral da Federación Autismo Galicia. Dentro da orde do día presentouse a nova memoria do ano 2020, comentando as novidades do ano, e as accións das diversas áreas de funcionamento da Federación Autismo Galicia, destacando o aumento da atención das persoas con TEA nunha línea de crecemento importante.

Autismo Galicia exemplo de cohesión, traballo e compromiso no escenario da Covid19

Analizáronse tamén as situacións deste ano escepcional e as distintas inciativas que tiveron que implementarse neste novo contexto.

A Federación Autismo Galicia e todas as súas entidades, profesionais, familias e persoas con TEA tiveron que adaptarse as novas circunstancias no escenario da crise da pandemia. A irrupción do coronavirus no mundo, o confinamento, unha normativa cambiante, as máscaras..., moitos nenos con necesidades especiais e as súas familias fixeron un esforzo titánico para asimilar o novo mundo no que vivimos, onde rompeu de forma abrupta a súa rutina e onde xa nin os abrazos e nin bicos foron como antes.

Nas residencias, colexios, centros de día, atención terapéutica, vimos os servizo freados e pechados e logo tivemos que adaptarnos aos novos protocolos. Durante o confinamento estivemos obrigados a facer as terapias en liña. Creamos material visual cos intereses das familias e persoas con TEA. Fixemos un gran esforzo en capacitación nas novas canles de comunicación, para poder achegarnos as familias, as persoas e poder facilitarlles toda a información para tentar cubrir as distintas necesidades que ían xurdindo cun ritmo frenético.

Neste contexto podemos dicir que superamos o ano co maior dos exitos e a MEMORIA 2020 reflicte todo este esforzo conxunto do que fumos exemplo de cohesión, traballo e compromiso.  Na memoria recóllense as accións que se levaron a cabo dende a Federación Autismo Galicia e as súas entidades

Archivada en:
Infórmate > Noticias