Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 28/06/2021 | Día Internacional Orgullo LGTBI. AUTISMO E DIVERSIDADE SEXUAL

Día Internacional do Orgullo LGTBI. AUTISMO E DIVERSIDADE SEXUAL

Autismo e diversidade afectivo-sexual e na identidade de xénero: O desenvolvemento da identidade de xénero pode ser un momento delicado e confuso para as persoas con TEA. Identificar o seu xénero pode ser un proceso mais lento debido ás dificultades de flexibilidade relacionas co TEA

28/06/2021

AUTISMO E DIVERSIDADE SEXUAL

A discapacidade, presente no Día Internacional do Orgullo LGTB

Hoxe 28 Xuño, conmemorase en todo o mundo o Día Internacional do Orgullo LGTBI (Lesbianas, Gais, Transexuais, máis outras sexualidades non heteronormativas).

As Nacións Unidas considera que a garantía de igualdade e non discriminación que ofrecen os dereitos humanos, aplícanse a toda as persoas.  Pero a pesar de todos os avances en dereitos, cando a persoa ten discapacidade e a súa sexualidade ou identidade de xénero non é normativa, a vulnerabilidade e discriminación é maior.

Autismo e diversidade afectivo-sexual e na identidade de xénero

A sexualidade e orientación sexual ten unha limitada atención nas persoas con TEA. Pasa o mesmo na investigación e nos sistemas de apoio para dar unha resposta as necesidades que teñen as mulleres e homes con TEA.

Nalgúns estudos (George e Stokes, 2017 citado de Herández, 2019) ponse de manifesto que “a orientación sexual non heteresexual ou a transexualidade, son máis habituais do que se pensaba nas persoas con TEA”. Estudouse que nas persoas con TEA é máis frecuente ter unha orientación sexual diferente a heterosexualidade e que a “ homosexualidade e a bisexualidade é máis común entre as mulleres que os homes con TEA”  (Bejerot  e  Eriksson,  2014;  Gilmour, Schalomon, e Smith, 2012 citado de Herández, 2019)

Actualmente existe un gran descoñecemento de como as características das persoas con TEA poden chegar a influír na identidade de xénero.

O desenvolvemento da identidade de xénero pode ser un momento delicado e confuso para as persoas con TEA. Identificar o seu xénero pode ser un proceso mais lento debido ás dificultades de flexibilidade relacionas co TEA (Autismo España,2019).

O feito de ter unha orientación sexual ou identidade de xénero diferente pode ocasionarlles un reto maior para ter relacións románticas e/ou sexuais.  As relación sociais poden ser complicadas nas persoas con TEA, pero si ademais se inclúen as relación de parella co que isto conleva, “non entender a comunicación en situación de sedución, entender literalmente de maneira descontextualizada proposicións de carácter sexual, entre outros aspectos, pode levarlles a situación de risco” (Hervas y Pont, 2020; p.8).

Por todo isto, é evidente que aínda queda moito que investigar tanto cientificamente como no marco da educación, respecto a diversidade afectivo-sexual no TEA e a relación de ambos.

É necesario que sigamos insistindo na importancia da educación afectivo-sexual desde unha etapa temperá. Que continuemos visibilizando e normalizando esta necesidade como dereito, con accións de formación e programas de apoio individualizados desde unha perspectiva de xénero, para contribuír e fortalecer a calidade de vida das persoas con TEA.

 

 

 

 

O deseño desta campaña foi realizado pola Federación Autismo Galicia e forma parte da Estratexia para a Concienciación sobre o Autismo en Galicia.

Subvencionado pola Xunta de Galicia -Consellería de Política Social- a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das personas físicas (IRPF)..

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias