Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 24/06/2021 | HABILIDADES SOCIAIS NAS PERSOAS CON AUTISMO. Proxecto CoidamosTEA

VIDEO HABILIDADES SOCIAIS NAS PERSOAS CON AUTISMO. Proxecto CoidamosTEA

Presentámosvos o primeiro vídeo dunha serie pertencente ao Proxecto CoidamosTEA. Información e orientacións as familias para o apoio nas habiliades sociais das perosas con TEA. Entendendo e poñendo en práctica sentimentos e emocións. #CoidamosTEA

24/06/2021

#CoidamosTEA

Presentámosvos o primeiro vídeo dunha serie pertencente ao Proxecto CoidamosTEA, no que iremos compartindo algunhas das dificultades habituais que presentan as persoas con TEA e propoñendo estratexias sinxelas e prácticas para facilitar a vida diaria do voso familiar con TEA. A través das explicacións de varios profesionais das nosa rede de entidades federadas.

Comezamos co tema: Habilidades sociais. Consideramos estas habelencias moi importantes dado que o ser humano é un ser social por natureza. Esta característica de seu é parte fundamental para a nosa vida en comunidade.

Algunhas persoas con TEA teñen dificultades coas destrezas sociais.

As destrezas sociais axúdannos a resolver unha situación social de xeito efectivo, é dicir, aceptable para o propio suxeito e para o contexto social no que está. Permiten expresar sentimentos, actitudes, desexos, opinións ou dereitos de xeito adecuado á situación na cal a persoa se atopa mentres respecta ás condutas dos outros. Estes comportamentos son necesarios para interactuar e relacionarse cos demais de forma efectiva e mutuamente satisfactoria.

A continuación Alba Rubial, psicóloga de Asociación ASPERGA falaranos con máis detalle deste tema.

GUÍA Coidamos TEA: Guía para familias que reciben o diagnóstico de TEA

Recadamos varios aspectos na guía recollidos en 3 bloques:

  • No primeiro recollemos as inquedanzas e sentimentos que aparecen coa noticia do diagnóstico. Presentamos que é o autismo e as súas características. Para finalizar con este primeiro apartado, desmontaremos as falsas crenzas sobre o TEA.
  • No segundo bloque, falaremos da importancia da Comunicación e dos diferentes tipos de Apoios que poden facilitar a calidade de vida da persoa con TEA e da súa familia. Así como os autocoidados das persoas coidadoras. Abordaremos tamén outros temas transversais como a Educación e a Intervención e Terapias.
  • No terceiro bloque, recollemos bibliografía, recursos e o directorio de entidades federadas en Autismo Galicia.

CONSULTA E DESCARGA A GUÍA Coidamos TEA: Guía para familias que reciben o diagnóstico de TEA. PREME AQUÍ

PROXECTO CoidamosTEA

Dende o momento en que unha familia recibe un diagnóstico de TEA (trastorno do espectro do autismo) prodúcese un impacto que alterará a dinámica familiar. Estas requiren de moito apoio e de adquisición de competencias e habelencias que se van acadando coa experiencia e coa aprendizaxe recibida.

Co PROXECTO CoidamosTEA preténdese reforzar a capacitación das familias a partir de dúas accións de apoio: Informativa e Orientativa. Respóndese así ás necesidades fundamentadas da experiencia das persoas con TEA, as súas familias e coa especialización dos profesionais que realizan a atención.

 

Vídeo realizado coa colaboración Asociación Asperga.

Autoría: ALBA RUBIAL LALÍN. Psicóloga, Máster en Intervención Psicosocial. Asociación ASPERGA.

Dirección e montaxe: Federación Autismo Galicia.

Subvencionado pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias