Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 22/06/2021 | A Federación Autismo Galicia lanza equisas de análisis para a recollida de información do proceso diagnóstico da persoa con tea, e servizo de atención temperá na nosa comunidade

A Federación Autismo Galicia lanza enquisas de análisis para a recollida de información do proceso diagnóstico da persoa con TEA, e servizo de atención temperá na nosa comunidade

Queremos analizar a realidade de forma máis exhaustiva na nosa comunidade. Por iso necesitamos da información das persoas con Autismo (TEA) e as súas familias nesta análise.

22/06/2021

O DIAGNÓSTICO E ATENCIÓN TEMPERÁ ESPECÍFICA E ESPECIALIZADA EN AUTISMO COMO PRINCIPAL REIVINDICACIÓN.

A aparición progresiva e sutil dos síntomas, o tempo de derivación a un profesional especializado, a falta de orientacións, etc. fan que moitas veces o diagnóstico sexa tardío ou erróneo. Isto conleva unha derivación tamén tardía aos servizos de atención temperá.

Sabemos que dentro da nosa Comunidade os profesionais que realizan o diagnóstico, os servizos, a duración da atención non coincide dunhas experiencias a outras. 

Unha das principais reivindicacións das persoas con TEA e das súas familias é garantir o diagnóstico e o acceso a atención temperá individualizada e especializada en TEA, por parte de equipos multidisciplinares formados en TEA. Que realicen modelos de intervención baseados na evidencia científica e co consenso profesional, que incorporen os intereses das persoas con TEA, os da súa familia e maximicen o seu desenvolvemento persoal e calidade de vida.

Queremos analizar a realidade de forma máis exhaustiva na nosa comunidade. Por iso necesitamos da experiencia das persoas con TEA e as súas familias na recollida desta información.

Tanto as persoas con TEA como as súas familias desempeñan unha función moi relevante na propia prestación dos apoios. A implicación das familias na intervención é imprescindible, e a súa participación identificase como un factor fundamental para o éxito. Tedes polo tanto, un papel fundamental na mellora da calidade de vida das persoas con TEA, en un marco de coordinación e colaboración cos profesionais especialista en TEA implicados.

 

ENQUISAS DE AVALIACIÓN PARA PERSOAS CON TEA E FAMILIAS.

Polo que vos pedimos que nos axudedes coa vosa opinión na recollida de información, a través de dúas enquisas.

Enquisa de Avaliación do Proceso Diagnóstico da Persoa con TEA na nosa comunidade: https://forms.gle/TaGK72fHqkcc1EtD9

Enquisa de Avaliación do Servizo de Atención Temperá (que prestou ou presta apoio na nosa comunidade): https://forms.gle/4foScqhpfrFK8q4y5

 

Desde a Federación Autismo Galicia apostamos por todo o que signifique avanzar en investigación, información e transferencia de coñecemento. A túa opinión é de gran axuda para o coñecemento sobre o TEA e as melloras na atención a todas as persoas con TEA e a súas familias.

Archivada en:
Infórmate > Noticias