© Federación Autismo Galicia | 01/06/2021 | A Federación Autismo Galicia, lanza o Proxecto CoidamosTEA co obxectivo de ofrecer ás familias de persoas con TEA recursos informativos e formativos específicos para afrontar e solucionar as necesidades e dificultades do seu familiar con TEA.
A Federación Autismo Galicia, lanza o Proxecto #CoidamosTEA co obxectivo de ofrecer ás familias de persoas con TEA recursos informativos e formativos específicos para afrontar e solucionar as necesidades e dificultades do seu familiar con TEA.
Os contidos centraranse no apoio a través de recursos prácticos para afondar as problemáticas da vida cotiá.
Dende o momento en que unha familia recibe un diagnóstico de TEA (Trastorno do Espectro do Autismo) prodúcese un impacto que alterará a dinámica familiar. Estas requiren de moito apoio e de adquisición de competencias e habelencias que se van acadando coa experiencia e coa aprendizaxe recibida.
#CoidamosTEA
A Federación Autismo Galicia, lanza o Proxecto CoidamosTEA co obxectivo de ofrecer ás familias de persoas con TEA recursos informativos e formativos específicos para afrontar e solucionar as necesidades e dificultades do seu familiar con TEA.
Con este proxecto preténdese reforzar a capacitación das familias a partir de dúas accións de apoio:
INFORMATIVA: coa Guía CoidamosTEA. Para familias que reciben o diagnóstico de TEA.
XA TEMOS A VOSA DISPOSICIÓN A GUÍA Coidamos TEA: Guía para familias que reciben o diagnóstico de TEA
ORIENTATIVA: con videos informativos e infografías con información e orientacións dirixidas ás familias. Esta actividade esta subvencionada pola Xunta de Galicia- Consellería de Política Social- a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).
De tal xeito, que permitan resolver as necesidades/ dificultades máis frecuentes.
Para a realización do material audiovisual contamos coa colaboración das seguintes entidades da Federación Autismo Galicia.
- ASOCIACION ASPERGA
- ASOCIACION APACAF
- FUNDACION MENELA
- ASOCIACION POR ELES
Respóndese así ás necesidades fundamentadas da experiencia das persoas con TEA, as súas familias e coa especialización dos profesionais que realizan a atención.
Os contidos destes audiovisuais centraranse nas estratexias para afondar a problemática cotiá nas seguintes áreas:
-
VIDEO HABILIDADES SOCIAIS NAS PERSOAS CON AUTISMO. Proxecto CoidamosTEA
-
VIDEO O Desenvolvemento afectivo-sexual na adolescencia. Proxecto CoidamosTEA
-
VIDEO O APOIO CONDUTUAL POSITIVO: Traballando dende a prevención. Proxecto CoidamosTEA
-
AUTISMO, SONO E HIXIENE NO DESCANSO: Apagar o corpo para espertar con novas enerxías. Proxecto CoidamosTEA
-
A alimentación nas persoas con TEA. Proxecto CoidamosTEA
-
Detección do abuso/acoso escolar. Sinais de alerta. Proxecto CoidamosTEA
-
HABILIDADES ACADÉMICAS. TÉCNICAS DE ESTUDO NA CASA. Proxecto CoidamosTEA
-
Autonomía persoal das persoas con TEA. Proxecto CoidamosTEA