Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 12/05/2021 | A epilepsia é frecuente nas persoas con TEA.

A epilepsia é frecuente nas persoas con TEA.

O 24 de maio celébrase o día nacional da epilepsia. É un día para dar visibilidade a esta alteración e as dificultades que teñen máis de 50 millóns de persoas. Moitos estudos identifican a alta prevalencia de epilepsia con TEA, chegando a estimar entre  2 % e 46 %, dependendo da idade ou criterios diagnóstico.

21/05/2021

A Organización Mundial da Saúde (OMS) define a epilepsia como un espectro de alteracións cerebrais nas que o patrón normal de actividades neuronais está alterado.  Cada episodio de disfunción neurolóxica se denomina crisis; estas poden ter carácter convulsivo cando se acompañan de manifestacións motoras ou se pode manifestar por outras alteracións na función neurolóxica, por exemplo, alteracións sensitivas cognoscitivas ou emocionais. Calculase que afecta entre o 0,5 e 2 % da poboación xeral e pode aparecer a calquera idade.

O 24 de maio celébrase o día nacional da epilepsia. É un día para dar visibilidade a esta alteración e as dificultades que teñen máis de 50 millóns de persoas.

Moitos estudos identifican a alta prevalencia de epilepsia con TEA, chegando a estimar entre    2 % e 46 %, dependendo da idade e criterios diagnóstico. 

As revisións bibliográficas  (Lukmanji, Sara, et al. "The co-occurrence of epilepsy and autism: A systematic review." Epilepsy & Behavior 98 (2019): 238-248) destacan a importancia da detección do autismo en persoas que teñen epilepsia e a epilepsias en persoas que teñen autismo e poden axudar a ver as patoxéneses compartida entre as dúas. 

A alta frecuencia de comorbilidade da epilepsia cos TEA suxire que existe unha base neurobiolóxica e xenética común os dous trastornos.

 

Campaña financiada por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

 

 

Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias