Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 12/05/2021 | Novo convenio para promover a accesibilidade cognitiva nas farmacias galegas.

Novo convenio para promover a accesibilidade cognitiva nas farmacias galegas.

A Federación Autismo Galicia e o Colexio de Farmacéuticos da Coruña traballarán conxuntamente para implementar medidas nesta liña

21/05/2021

A  Deputación da Coruña financia o desenvolvemento dun proxecto para mellorar a accesibilidade cognitiva das persoas con autismo nas boticas.

Nos próximos meses irase materializando un proxecto para poñer sobre a mesa as necesidades das persoas con trastorno do espectro do autismo ( TEA) no acceso ás farmacias, e paralelamente os procedementos de comunicación para os propios farmacéuticos na identificación e trato con estes pacientes.

Para iso subscribiuse un convenio marco de colaboración entre ambas as entidades, coa idea de implementar as medidas necesarias para mellorar a accesibilidade cognitiva, estudo que financia a Deputación da Coruña.

Por parte da Federación, que integra a 16 entidades que traballan polas persoas con  TEA, a súa presidenta Mercedes Fernández Angulo, e desde o colectivo farmacéutico, o seu presidente  Héctor Castro Bernardino, subscribiron o acordo para unha iniciativa á que se prevé que se poidan incorporar o resto das farmacias de Galicia.

Formación e guía de recursos

Unha vez detectadas as principais necesidades e barreiras de comunicación, avanzarase na elaboración dunha guía de mellora na comunicación con pacientes con  TEA, recomendacións xerais para a adaptación de espazos físicos e secuencias de  pictogramas para os procesos de atención farmacéutica.

Así mesmo, a idea é desenvolver unha formación específica nesta materia para aquelas farmacias que o desexen, que lles dote de recursos para  interaccionar con estes pacientes.

Persoas destinatarias

Desde o colectivo nomeouse unha comisión conxunta que empezará a traballar nas próximas semanas conxuntamente coa Federación Galega de Autismo. Desde a mesma, poñen de manifesto que este problema afecta a 1 de cada 100 persoas, das cales moitas están sen diagnosticar.

En concreto, os colectivos que se beneficiarían desta actuación serían aquelas que presentan discapacidade intelectual e/ou sensorial, con trastornos da linguaxe, persoas que non saben ler, maiores, nenos e nenas ou estranxeiros que non coñecen o idioma..

 

   

Archivada en:
Infórmate > Noticias