Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 12/05/2021 | A Xunta de galicia lanza os Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2021

A Xunta de Galicia lanza os Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2021

Permiten gozar, durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades dirixidas ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

20/05/2021

Ofértanse 185 prazas no Albergue Xuvenil Gandarío de Bergondo (A Coruña), na Residencia de Tempo Libre de Panxón. Nigrán (Pontevedra) e na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense).

Persoas destinatarias: As que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, unha idade comprendida entre os 11 e os 45 anos e presenten calquera tipo de limitación e / ou necesidade especial.

Destinos, actividade, idades, datas, prazas e prezo: PREME AQUÍ

Requisitos:

Ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%.

Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 45 anos. Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima ao seu remate.

Estar empadroados nalgún concello de Galicia.

Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.

Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.

Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.

Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.

Non se admitirá a entrada aos campamentos se o participante:

É diagnosticado positivo por COVID-19 segundo os criterios médicos vixentes.

Presenta calquera sintomatoloxía (tose, febre, dificultade ao respirar) que poida estar asociada coa COVID-19 durante os 14 días previos á súa participación.

Estivese en contacto estreito ou compartindo espazo sen gardar a distancia interpersoal con algunha persoa afectada de COVID-19 nos 14 días previos á súa participación.

Servizos ofertados:

Aloxamento en albergue ou residencia, segundo o destino solicitado.

Manutención en réxime de pensión completa.-Programa de actividades de animación sociocultural.-Material necesario para a actividade.

Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre e náuticas.

Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

TODA A INFORMACIÓN COMPLETA PREME AQUÍ

INFORME MÉDICO

SOLICITUDE

CONVOCATORIA (Lectura fácil)

Archivada en:
Infórmate > Noticias