Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 12/05/2021 | URBANCAMP na Coruña e Santiago de Compostela con ASPERGA

URBANCAMP na Coruña e Santiago de Compostela con ASPERGA

Campamento urbano organizado e levado a cabo por equipo técnico de ASPERGA, tanto no centro da Coruña como no de Santiago de Compostela. Levarase a cabo ao longo de 4 semanas no mes de xullo. Os participantes acudirán de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00.

01/07/2021 -

Campamento urbano organizado e levado a cabo por equipo técnico de ASPERGA, tanto no centro da Coruña como no de Santiago de Compostela.

Levarase a cabo ao longo de 4 semanas no mes de xullo.

Os participantes acudirán de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00.

Este programa está destinado a usuarios/ as e socios/ as de ASPERGA, podendo participar familiares e amigos/ as en caso de ter prazas vacantes.

 PICA AQUÍ PARA REALIZAR A PREINSCRICIÓN

CUSTES E MÁIS INFO EN: https://www.asperga.org/urbancamp/

Traballarase cun só grupo, en cada un dos centros da asociación, debido á situación na que nos atopamos provocada polo Covid-19.

  • Cada participante poderá acudir ao número de semanas que se adapte mellor ás súas necesidades.
  • Cada grupo contará con 5 participantes, aos que se asignará un profesional do equipo técnico da asociación, tanto na Coruña como en Santiago de Compostela.
  • Todas as actividades programadas estarán sempre adaptadas ás características e capacidades dos participantes do grupo.

SEMANAS TEMÁTICAS:

CIENCIA (do luns 5 de xullo ao venres 9 de xullo)

HISTORIA (do luns 12 de xullo ao venres 16 de xullo)

MAXIA (do luns 19 de xullo ao venres 23 de xullo)

AVENTURA (do luns 26 de xullo ao venres 30 de xullo)

ACTIVIDADES

Actividades socioculturais: xogos de presentación, coñecemento e cohesión grupal gymkanas e xogos de pistas, actividades de coñecemento da nosa cultura e contorna, entre outros

Actividades deportivas: deportes e olimpíadas con deportes clásicos e outros alternativos ( indiaca, freesby, etc) e mollos curtos como o rescate, o balón prisioneiro, o pano, etc Actividades lúdicas e ao aire libre: excursións a zonas de interese na contorna das cidades, actividades de aprendizaxe sobre o medioambiente e o seu coidado, orientación e rastrexo, promovendo entrar en contacto coa contorna e iniciando o seu coñecemento nas técnicas de orientación con instrumentos como o compás, o mapa ou o GPS

Actividades terapéuticas: como talleres de comunicación, de xestión emocional e da frustración, de función executiva a través de xogos e dinámicas (desenvolvendo habilidades como a inhibición, a planificación ou a flexibilidade cognitiva), de prevención de situacións de risco e de estimulación sensorial

OUTRAS INDICACIÓNS

  • O grupo máximo de participantes será de 5 persoas
  • Cumpriranse coas normas establecidas para cumprir co protocolo de seguridade sanitaria
  • É obrigatorio o uso de máscara
 

 

 

Lugar de celebración:

Coruña e Santiago de Compostela.

Archivada en:
Infórmate > Agenda de Actividades