Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 12/05/2021 | O papel da enfermería no ámbito do TEA é fundamental e indispensable

O papel da enfermería no ámbito do TEA é fundamental e indispensable

Neste 12 de Maio DÍA INTERNACIONAL DA ENFERMERÍA a Federación Autismo Galicia quere recoñecer o esforzo exemplar que leva a cabo o persoal de enfermería ante a crise da Covid19.

12/05/2021

Desde a Federación Autismo Galicia queremos dar o noso recoñecemento ao esforzo exemplar que está a levar a cabo o persoal de enfermería, sempre admirable, pero que nos últimos meses demostrou unha dedicación e agarimo que vai moito máis alá do deber. Agradecer todo o seu traballo, os seus coidados profesionais, a súa humanidade, entrega e empatía.

Nos últimos anos comprobamos un aumento exponencial dos casos de TEA no mundo. Actualmente estímase que en España poden haber unhas 450.000 persoas con TEA e en Galicia unhas 27.000. O certo é que o número de nacementos de nenos/ as con diágnostico de TEA segue aumentando, dando un incremento na prevalancia dun caso de TEA cada 100 nacementos.

Requírese unha abordaxe complexa e interdisciplinar, na que os profesionais de enfermería deben de ter un papel relevante, non só cos pacientes diagnosticados de TEA, senón tamén coas súas familias.

No caso concreto de persoas con TEA, a atención sanitaria resulta complicada, en parte debido ás propias características deste tipo de trastornos, que poden contribuír a que as alteracións da saúde poidan pasar desapercibidas e enmascaradas por dificultades no procesamento de estímulos sensoriais, na percepción e resposta á dor, e tamén por dificultades á hora de comunicar os síntomas.

A labor da enfermería durante todo o ciclo vital é fundamantal, e necesaria a especialización de profesionais, que faciliten apoios e intervencións específicas e de calidade ás persoas con TEA, en distintos aspectos e  necesidades. Resulta fundamental a especialización de equipos interdisciplinares, que ademais de ser competentes no seu ámbito técnico de actuación sexan capacitados en aspectos como a comunicación interpersoal, o traballo en equipo ou a resolución de conflitos.

Nestes anos marcados polo escenario da crise do Covid-19, se cabe, hai máis motivos para celebrar o importantísimo rol que as enfermeiras desempeñan na sociedade. A covid-19 puxo de manifesto a relevancia da enfermeira na abordaxe da actual crise sanitaria.

 

Campaña financiada por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias