Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 19/04/2021 | ENVELLECEMENTO E TEA. Familias e entidades ante o reto do envellecemento.

CURSO: ENVELLECEMENTO E TEA. Familias e entidades ante o reto do envellecemento.

Curso recoñecido de interese sanitario pola Consellería de Sanidade, destinado a familias, profesionais do ámbito sanitario e social, que dará a coñecer as necesidades e cambios das persoas adultas con TEA, e especialmente aquelas que se presentan nas etapas avanzadas das súas vidas. PREME AQUÍ E INSCRÍBETE NO CURSO

28/05/2021 -

PROGRAMA E SERVIZOS PARA FAMILIAS E PERSOAS CON TEA.

Curso recoñecido de interese sanitario pola Consellería de Sanidade.

CONSULTA OU DESCARGA O PROGRAMA COMPLETO

Obxectivos:

  • Coñecer as necesidades e cambios das persoas adultas con TEA, e especialmente aquelas que se presentan nas etapas avanzadas das súas vidas.
  • Promover o coñecemento dispoñible, derivado da ciencia e da experiencia, sobre os procesos de envellecemento das persoas con TEA e os apoios que requiren nesta etapa vital.
  • Promocionar o envellecemento satisfactorio e activo desde as familias e organizacións e servizos especializados.
  • Favorecer o coñecemento sobre o deseño de modelos de apoio e servizos que precisan as persoas con TEA que envellecen, baseados na promoción da súa calidade de vida e no goce dos seus dereitos fundamentais.
  • Fomentar o enriquecemento mutuo a través do intercambio de experiencias e boas prácticas que inspiren e apoien o desenvolvemento doutras novas.

 

Data de realización: 28 e 29 de maio de 2021

Lugar de realización: Modalidad Online a través de ZOOM

Horario:

Venres 28 de maio: 17:00 a 20:00

Sábado 29 de maio: 10:00 a 13:00

 

Curso Gratuíto.

 

Destinatarios: Curso aberto a todas as persoas interesadas: familias, persoas con TEA, profesionais do ámbito sanitario e social, educación e distintos ámbitos de interese.

Período de inscripción: Ata o 18 de Maio de 2021.  * A semana da realización do curso enviarase o acceso a plataforma para o curso.

 

DOCENTE: GONZALO BERZOSA ZABALLOS

Licenciado en Filosofía e Letras.  Psicoterapeuta. Experto en Formación Permanente de adultos. Diplomado en animación sociocultural. Curso superior de orientador en psicoloxía e pedagoxía. Curso superior de xerontoloxía. Máster en recursos humanos.

Director da escola de familias de Down España. Director de desenvolvemento institucional da Fundación para a intervención socio Educativa (FISED). Director do Máster en Xerontoloxía Educativa e Social. Universidade Complutense. Patrón da Fundación Piares para a Autonomía Persoal. Membro de  INTERSOCIAL, consultora para a intervención social.

Profesor en temas de Xerontoloxía, Discapacidade intelectual, Voluntariado social, Desenvolvo Organización e Habilidades Directivas en Universidades Españolas e en institucións públicas e privadas. Na actualidade é Director de  INGESS. Instituto de Xerontoloxía e Servizos Sociais Director da Escola de Familias e Discapacidade de Fundación  MAPFRE.


 

 

Programa de Ennvellecemento TEA da Federación Autismo Galicia a cargo do IRPF. 

 

Lugar de celebración:

Modalidade Online a través de ZOOM

Archivada en:
Infórmate > Agenda de Actividades