Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 14/04/2021 | Cambios normativos e máis recursos para as persoas con TEA.

Cambios normativos e máis recursos para as persoas con TEA.

Inclusión Social, igualdade de oportunidades e non discriminación como dereito fundamental das persoas con autismo e as súas familias. O goberno ten o claro obxectivo de remover as barreiras que impiden a inclusión das persoas con TEA e con discapacidade en xeral.

14/04/2021

Segundo publicou Servimedia onte, a nova ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Ione Belarra, apostou este martes por “os cambios normativos" e por un aumento do investimento como eixos fundamentais “do compromiso deste Goberno á hora de remover as barreiras” que dificultan a integración social das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA), durante a súa primeira intervención no Senado.

Era a primeira sesión de control ao Goberno na Cámara Alta na que Belarra interviña como ministra, e agradeceu ”a oportunidade” de tratar sobre a inclusión das persoas con TEA, “un tema que non adoita centrar os debates” parlamentarios.

Foi o senador de cidadáns Marcos Arias quen lle preguntou sobre os seus plans neste terreo, con motivo da recente celebración do Día Mundial de Conciencación do Autismo, o pasado 2 de abril.

Segundo Arias, urxe aprobar a Estratexia Nacional sobre Autismo, que “está paralizada”, así como “impulsar a accesibilidade cognitiva" e retomar o Centro Estatal de Referencia sobre Trastorno do Espectro do Autismo ( CRETEA), que “foi paralizado” hai anos.

A nova ministra non precisou a intención do Goberno sobre estes asuntos concretos, pero reiterou “o seu compromiso cunha sociedade inclusiva". "Este Goberno ten o claro obxectivo de remover as barreiras que impiden a inclusión das persoas con TEA e con discapacidade en xeral", declarou. "Para iso fan falta cambios normativos", opinou, e "ímolos a impulsar".

Neste sentido, sinalou que o Goberno traballa nun novo Real Decreto sobre programas de reactivación do emprego, que por primeira vez enfocarase ás persoas con TEA. Agregou que tamén "se necesitan recursos suficientes", e asegurou que "España estará á cabeza" en canto a investimento. Como exemplos, citou o plan España Accesible e o aumento de fondos para as organizacións de apoio a estas persoas.

Desde Autismo Galicia e a Confederación Autismo España da que formamos parte, celebramos as declaracións de comprimiso da ministra e esperamos poder ter un encontro en breve para tratar de forma precisa todos estes asuntos tan relevantes para o movemento asociativo do autismo que poden supoñer un cambio substancial na caliad de vida das máis de 450.000 persoas con autismo do noso país; 1,5 millóns de persoas "afectadas" se contamos coas súas familias; esprando que pronto sexan unha realidade. Agradecemos tamén ao senador Tomas Marcos o seu defensa da mellora da calidade de vida das persoas con TEA na sesion de control.

Acceso ao vídeo completo da intervención aquí bit.ly/3e32vgS

Archivada en:
Infórmate > Noticias