Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 07/04/2021 | Activa a túa solidariedade, marca a X SOLIDARIA e contribúe a poñer en marcha programas e actividades para as persoas con autismo

Activa a túa solidariedade, marca a X SOLIDARIA e contribúe a poñer en marcha programas e actividades para as persoas con autismo.

Cada vez que marcamos a casiña de fins sociais sumamos a unha sociedade inclusiva e impulsamos a ruptura das barreiras que configuran a discapacidade.

07/04/2021

Ante a emerxencia social, as entidades galegas máis ca nunca pedimos o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda.

As entidades sociais estivemos, estamos e estaremos en primeira liña, apoiando e defendendo os dereitos das persoas máis vulnerables, moitas veces posible coa colaboración de todas as persoas que marcan o X Solidario na declaración da renda.

Baixo as etiquetas #emerXenciaSOLIDARIA e #ConTuXAvanzamos, as ONG galegas lanzan unha campaña nas redes sociais con vídeos de persoas beneficiarias de programas financiados co X Solidario.

En Galicia, 735.705 persoas que presentaron a Declaración da Renda 2020 marcaron o recadro de “Actividades de interese social”, 19.504 máis que en 2019, pero aínda a día de hoxe 594.110 persoas seguen sen marcar a X Solidaria.

Se todas as galegas e galegos marcásemos a X Solidaria, a asignación final en Galicia sería de 32.277.163 euros (12.984.780 máis do recadado).

 

Marcando a #XSOLIDARIA Autismo Galicia e as súas 16 entidades desenvolveron programas de mellora da calidade de vida coas axudas da asignación tributaria do IRPF.

Cada vez que marcamos a casiña de fins sociais sumamos a unha sociedade inclusiva e impulsamos a ruptura das barreiras que configuran a discapacidade.

Poñemos en marcha a túa solidariedade:  cando marcas a casiña de fins sociais na túa declaración da renda. Durante este ano Autismo Galicia e as súas entidades poderán desenvolver un maior número de programas e maior dotación económica, grazas as axudas da asignación tributaria do IRPF que distribúe a Xunta de Galicia.

 

  • Programas de respiro familiar
  • Programas de Autonomía persoal e inclusión socio-laboral
  • Programas de formación e asesoramento en protección social e xurídica
  • Programas de diagnóstico precoz e atención temperá
  • Programas de participación social, cultural e deportiva
  • Programas de prevención do envellecemento
  • Programas accesibilidade cognitiva

 

Como cada ano, a solidariedade cidadá, cando marca a casiña destinada a fins sociais na súa declaración da renda, constitúe unha oportunidade para poder desenvolver programas de atención a persoas con trastorno do espectro do autismo e ás súas familias, ou  programas para dotar e equipar servizos de entidades que dedicamos o noso traballo a desenvolvelos de forma especializada.

Se realizarán actividades que promoverán a súa calidade de vida, a autonomía, a saúde, a inclusión social e laboral, a defensa dos seus dereitos, a súa capacitación como cidadáns, así mesmo, se xestionarán axudas para a mellora dos servizos e creación doutros novos.

LEMBRA!

  • Marcar a X Solidaria non custa nada.
  • Ti decides a onde queres que se destinen o 0,7% dos teus impostos.
  • Se xa marcas a casiña da Igrexa, marcando tamén a de ‘Actividades de Interese Social’, poderás axudar o dobre.

Grazas ás persoas que marcan a casiña de “Actividades de Interese Social” conséguese que un 0,7% dos impostos se dediquen a fins sociais (discapacidade, inclusión social, mulleres, infancia, cooperación...). Non se trata dun pagamento a maiores, senón de decidir a que se dedica esa pequena porcentaxe dos impostos xa abonados.

Archivada en:
Infórmate > Noticias