Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 01/04/2021 | Testemuña de Javier Valiño Rodríguez.

Testemuña de Javier Valiño Rodríguez. Usuario do Programa de Formación de Aspanaes e Celador do Sergas no #DíaMundialAutismo​

Campaña de Incidencia Social Autismo Galicia polo #DíaMundialAutismo. COMPARTE O VIDEO  nas túas redes sociais xunto aos hashtags #DiaMundialAutismo #PuedoAprenderPuedoTrabajar

02/04/2021 -

#PuedoAprenderPuedoTrabajar

No Día da Concienciación do Autismo falamos con Javier Valiño Rodríguez. Persoa usuaria del Programa de Formación de Aspanaes daF ederación Autismo Galicia.

Javier Valiño Rodríguez recientemente tomó posesión do cargo na categoría de Celador do Sergas, nas oposiciones en modalidade de Sector Público. TODO UN EXEMPLO E PARABÉNS!!

Grazas por esta gran entrevista a ASPANAES, e a Emma Cuesta Fernández, Psicóloga do Servizo de Habilidades Personais e Sociais de Aspanaes Ferrol.

As persoas con trastorno do espectro do autismo e as súas familias enfrontámonos a grandes obstáculos á hora de acceder a unha educación e un emprego de calidade en igualdade de oportunidades. O acceso a eles é un dereitoo recoñecido na Declaración das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, e tamén un factor crave para nosa calidade de vida.

Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo queremos expoñer e reivindicar as reformas que necesita o noso país para que este dereito sexa unha realidade.

Para iso, en materia de EDUCACIÓN, os desenvolvementos normativos da nova Lei de Educación deben:

1) Garantir unha rede variada, suficiente, específica e especializada de servizos de apoio, recursos e centros educativos en todos os territorios.

2) Manter, flexibilizar e innovar nas modalidades de escolarización de acordo coa Convención sobre Dereitos de Persoas con Discapacidade e garantir a súa libre elección por parte dos pais e nais ou representantes legais.

3) Incrementar os recursos e a dotación económica, así como a adecuada capacitación dos membros da comunidade educativa para garantir a boa práctica no seu desenvolvemento e implementación.

4) Promover na Formación profesional a adecuada orientación vocacional e o deseño de itinerarios formativos e profesionais personalizados, así como a flexibilización das metodoloxías de aprendizaxe, a adaptación do sistema de avaliación.

5) Implantar as medidas necesarias para minimizar o impacto da pandemia ocasionada pola Covid-19 no alumnado con TEA, asegurando os recursos de apoio que necesiten e favorecendo a asistencia presencial á escola, especialmente nos casos de maiores necesidades de apoio e baixa competencia dixital.

TAMÉN É  FUDAMENTAL Promover a igualdade de oportunidades no acceso ao EMPREGO.

Na Unión Europea menos do 10% das persoas con  TEA ten un emprego, o que nos sitúa como un dos colectivos da discapacidade con menor acceso ao mercado laboral; as que traballan adoitan ter empregos mal pagos ou de emprego protexido. Esta situación fai imprescindible que a regulación laboral en España teña en conta de forma específica ás persoas con autismo e favoreza un emprego estable cun nivel salarial digno que NOS permita desenvolver un modo de vida independente.

POR TANTO É IMPORTANTE:

6) Modificar a normativa vixente en materia de emprego de maneira que se considere ás persoas con  TEA de maneira específica, como colectivo de alta vulnerabilidade.

7) Contemplar de maneira específica ás persoas con  TEA como beneficiarias dos programas comúns de activación de emprego, posto que todas elas teñen, por definición, grandes dificultades respecto a a procura e o mantemento do emprego, teñan ou non discapacidade intelectual asociada.

8) Facilitar o acceso a unha variedade de experiencias laborais e oportunidades de emprego, contando cos apoios necesarios e accedendo a unha variedade de alternativas: emprego con apoio, programas de orientación profesional e intermediación sociolaboral, unidades especializadas, etc.) a través de itinerarios personalizados.

9) Facilitar o acceso das persoas con  TEA aos programas de emprego de colaboración social con entidades públicas, desenvolvendo alternativas flexibles para conseguilo.

10) Establecer medidas que minimicen o impacto da Covid-19 no acceso e mantemento do emprego das persoas con  TEA e garantan as condicións sanitarias necesarias de prevención e seguridade no desempeño laboral.

Sabemos que estamos a traballar para iso, e que seguiremos avanzando.

 

Comparte nas túas redes sociais xunto aos hashtags #DiaMundialAutismo​ #PuedoAprenderPuedoTrabajar​

O día Mundial do Autismo é unha celebración, pero tamén un día de reivindicación. Estímase que en Galicia pode haber ata 27000 persoas con Trastorno do Espectro de Autismo. Para elas, o acceso á educación e ao emprego non son só un dereito, senón tamén factores crave para a súa calidade de vida.


 

 

 

 

Lugar de celebración:

Archivada en:
Infórmate > Agenda de Actividades