© Federación Autismo Galicia | 01/04/2021 | Fai un xesto! Mercedes Fernández Angulo, Presidenta da Federación Autismo Galicia invítanos a fecer un xesto no #DíaMundialAutismo
Fai un xesto! Mercedes Fernández Angulo, Presidenta da Federación Autismo Galicia invítanos a fecer un xesto no #DíaMundialAutismo
Campaña de Incidencia Social Autismo Galicia polo #DíaMundialAutismo. COMPARTE O VIDEO e o xesto nas túas redes sociais xunto aos hashtags #DiaMundialAutismo #PuedoAprenderPuedoTrabajar
A presidenta da Federación AUTISMO GALICIA, Mercedes Fernández Angulo, convídanos a facer un xesto polo autismo en redes sociais!
O obxectivo deste xesto é mostrar que cada persoa é diferente e ten unhas determinadas fortalezas, que a sociedade pode e debe fomentar para ser cada vez máis respectuosa coa diversidade.
- Sostén coa man unha ferramenta ou utensilio, relacionados con algunha das túas habilidades ou capacidades, ou usa un dos bonitos acuñes.
- Fai unha foto, vídeo ou gif sostendo (ou usando) a ferramenta ou troquel.
- Comparte nas túas redes sociais xunto aos hashtags #DiaMundialAutismo #PuedoAprenderPuedoTrabajar
O día Mundial do Autismo é unha celebración, pero tamén un día de reivindicación. Estímase que en Galicia pode haber ata 27000 persoas con Trastorno do Espectro de Autismo. Para elas, o acceso á educación e ao emprego non son só un dereito, senón tamén factores crave para a súa calidade de vida.
O noso lema este día é #PuedoAprederPuedoTrabajar
O día Mundial do Autismo é unha celebración, pero tamén un día de reivindicación.
Para visibilizar as barreiras e oportunidades das persoas con autismo nestas dúas áreas fundamentais na calidade de vida das persoas con autismo, a Federación Autismo Galicia e as súas entidades súmanse á campaña promovida por Autismo España, que baixo o lema ‘Podo APRENDER. Podo TRABALLAR’, pretende crear conciencia sobre como crear as condicións adecuadas para facer que a educación e o emprego sexan máis accesibles para o colectivo.
As persoas con TEA teñen dereito a acceder a unha educación de calidade que promova o seu éxito académico e o seu desenvolvemento persoal, pero que tamén que facilite o seu acceso ao mercado laboral, atendendo para iso ás capacidades e necesidades específicas de cada unha.
Isto é algo que vemos día a día nas nosas entidades, como co adecuado apoio moitos das nosas mozas e mozos logran terminar estudos medios ou superiores e acceder ao mercado laboral.
FAI UN XESTO POLO AUTISMO!!