Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 29/03/2021 | Máis de 500 persoas se benefician dos programas e servizos de emprego da Rede de Entidades da Federación Autismo Galicia

Máis de 500 persoas se benefician dos programas e servizos de emprego da Rede de Entidades da Federación Autismo Galicia. #DíaMundialAutismo

As persoas con autismo, un dos colectivos da discapacidade con menor acceso ao mercado laboral; as que traballan adoitan ter empregos mal pagos ou de emprego protexido. #PuedoAprenderPuedoTrabajar

29/03/2021

As persoas con trastorno do espectro do autismo e as súas familias enfrontámonos a grandes obstáculos á hora de acceder a unha educación e un emprego de calidade en igualdade de oportunidades. O acceso a eles é  un dereitoo recoñecido na Declaración das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, e tamén un factor crave para nosa calidade de vida.

Segundo cifras europeas (Autismo Europa, 2014), entre o 76 e o ​​90 por cento das persoas adultas con TEA están desempregados e non realizan ningunha actividade produtiva nin laboral. En xeral, as persoas con TEA localízanse en centros de día, centros ocupacionais e talleres protexidos.

A Confederación Autismo España, a través do seu grupo de emprego no que participa a Federación Autismo Galicia, publicou o estudo " Empleo y Trastornos del Espectro del Autismo: un potencial por descubrir” ", o estudo destaca as barreiras para o acceso ao emprego das persoas con TEA, destacando; a falta de oportunidades de emprego, os prexuízos existentes no tecido empresarial e a ausencia de programas de apoio específicos e modelos de formación dual que proporcionen coñecemento técnico e experiencia práctica.

As condicións laborais das persoas con TEA que conseguen un traballo adoitan ser bastante deficientes. Hai unha maior taxa de empregados en postos non cualificados con poucas posibilidades de ascenso. A isto hai que engadir que adoitan ser contratados de xeito parcial

Queremos destacar que as persoas con TEA posúen competencias que lles permiten realizar traballos de calidade, eficientes e competitivos, en empresas do mercado ordinario, sempre que se lles presten os apoios e recursos necesarios.  As persoas con TEA teñen características de gran valor para o mercado laboral, por exemplo rasgos como a atención polos detalles, a minuciosidade, a creatividade, a preferencia por tarefas rutinarias, mecánicas e repetitivas, convértenas en candidatos ideais para postos como a clasificación, almacenamento, tratamento e mecanización de datos.

Dende a Federación Autismo Galicia desenvolvemos varias liñas de traballo que teñen por obxectivo mellorar a capacitación das persoas con TEA para o acceso ao mercado laboral.

O servizo de emprego da Federación Autismo Galicia, que  conta con 106 usuarios/as,  traballa en colaboración e coordinación coas súas entidades asociadas e a Confederación Autismo España coa finalidade de intercambiar coñecementos sobre estratexias de inclusión laboral, recursos formativos, as capacidades de persoas con TEA no ámbito laboral, así como compartir experiencias e boas prácticas.  Realizamos accións de información e orientación laboral, accións de formación en habilidades prelaborais , accións de formación para o emprego,  accións de prospección empresarial e ofrecemos información e asesoramento ás entidades asociadas en materia de emprego.

Promover a igualdade de oportunidades no acceso ao EMPREGO.

Na Unión Europea menos do 10% das persoas con  TEA ten un emprego, o que nos sitúa como un dos colectivos da discapacidade con menor acceso ao mercado laboral; as que traballan adoitan ter empregos mal pagos ou de emprego protexido. Esta situación fai imprescindible que a regulación laboral en España teña en conta de forma específica ás persoas con autismo e favoreza un emprego estable cun nivel salarial digno que NOS permita desenvolver un modo de vida independente.

POR TANTO É IMPORTANTE:

  1. Modificar a normativa vixente en materia de emprego de maneira que se considere ás persoas con  TEA de maneira específica, como colectivo de alta vulnerabilidade.
  2. Contemplar de maneira específica ás persoas con  TEA como beneficiarias dos programas comúns de activación de emprego, posto que todas elas teñen, por definición, grandes dificultades respecto a a procura e o mantemento do emprego, teñan ou non discapacidade intelectual asociada.
  3. Facilitar o acceso a unha variedade de experiencias laborais e oportunidades de emprego, contando cos apoios necesarios e accedendo a unha variedade de alternativas: emprego con apoio, programas de orientación profesional e intermediación sociolaboral, unidades especializadas, etc.) a través de itinerarios personalizados.
  4. Facilitar o acceso das persoas con  TEA aos programas de emprego de colaboración social con entidades públicas, desenvolvendo alternativas flexibles para conseguilo.
  5. Establecer medidas que minimicen o impacto da Covid-19 no acceso e mantemento do emprego das persoas con  TEA e garantan as condicións sanitarias necesarias de prevención e seguridade no desempeño laboral.

 

Sabemos que estamos a traballar para iso, e que seguiremos avanzando,


 

Archivada en:
Infórmate > Noticias