Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 29/03/2021 | ACTO OFICIAL DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO.

Trasmisión streaming do ACTO OFICIAL DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CON MOTIVO DO DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO.

O MOVEMENTO ASOCIATIVO DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA, CONMEMORA O DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO. #DiaMundialAutismo #PuedoAprenderPuedoTrabajar

30/03/2021 -

En España, máis de 470.000, e en Galicia máis de 27.000 persoas poden ter Trastorno do Espectro do Autismo.

Para elas, o acceso á educación e ao emprego non son só un dereito, senón tamén factores crave para a súa calidade de vida.
Baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar”, a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2020-2021 pon o foco na educación e o emprego, dous ámbitos fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e conseguir a súa participación efectiva na sociedade.


As persoas con TEA teñen dereito a acceder a unha educación de calidade que promova o seu éxito académico e o seu desenvolvemento persoal, pero que tamén facilite o seu acceso ao mercado laboral, atendendo para iso ás capacidades e necesidades específicas de cada unha.

O ACTO SERÁ RETRASMITIDO EN DIRECTO A TRAVÉS DAS NOSAS RRSS.

 

 

FACEBOOK: https://www.facebook.com/federacion.autismo.galicia

TWITEER: https://twitter.com/AutismoGalicia

 

Día: 30 de Marzo do 2021

Evento Online:

Hora 17:00h

Contaremos coas intervencións de Mercedes Fernádez Angulo, Presidenta da Federación Autismo Galicia, Alberto Silva López, Responsable da Comisión de Educación da Federación Autismo Galicia.

Durante o acto estraearase unha video entrevista falando con Javier Valiño Rodríguez, persoa usuaria do Programa de Formación de Aspanaes da Federación Autismo Galicia quen recentemente tomó posesión do cargo na categoría de Celador do Sergas.

Tamén fará a letura do manifesto, Lucia Campos González, persoa con Autismo. E teremos o honor de poder pechar o acto cunha intervención a cargo do Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González.

O noso lema este día é #PuedoAprederPuedoTrabajar

O día Mundial do Autismo é unha celebración, pero tamén un día de reivindicación.

Estímase que en España, máis de 470.000 e en Galicia pode haber ata 27000 persoas con Trastorno do Espectro de Autismo.

Para elas, o acceso á educación e ao emprego non son só un dereito, senón tamén factores crave para a súa calidade de vida.

Para visibilizar as barreiras e oportunidades das persoas con autismo nestas dúas áreas fundamentais na calidade de vida das persoas con autismo, a Federación Autismo Galicia e as súas entidades súmanse á campaña promovida por Autismo España, que baixo o lema ‘Podo APRENDER. Podo TRABALLAR’, pretende crear conciencia sobre como crear as condicións adecuadas para facer que a educación e o emprego sexan máis accesibles para o colectivo.

As persoas con  TEA teñen dereito a acceder a unha educación de calidade que promova o seu éxito académico e o seu desenvolvemento persoal, pero que tamén que facilite o seu acceso ao mercado laboral, atendendo para iso ás capacidades e necesidades específicas de cada unha.

Isto é algo que vemos día a día nas nosas entidades, como co adecuado apoio moitos das nosas mozas e mozos logran terminar estudos medios ou superiores e acceder ao mercado laboral.

No obstante, seguimos tendo e necesitando avanzar cara a  novos retos:

Para iso, en materia de EDUCACIÓN, os desenvolvementos normativos da nova Lei de Educación deben:

1) Garantir unha rede variada, suficiente, específica e especializada de servizos de apoio, recursos e centros educativos en todos os territorios.

2) Manter, flexibilizar e innovar nas modalidades de escolarización de acordo coa Convención sobre Dereitos de Persoas con Discapacidade e garantir a súa libre elección por parte dos pais e nais ou representantes legais.

3) Incrementar os recursos e a dotación económica, así como a adecuada capacitación dos membros da comunidade educativa para garantir a boa práctica no seu desenvolvemento e implementación.

4) Promover na Formación profesional a adecuada orientación vocacional e o deseño de itinerarios formativos e profesionais personalizados, así como a flexibilización das metodoloxías de aprendizaxe, a adaptación do sistema de avaliación.

5) Implantar as medidas necesarias para minimizar o impacto da pandemia ocasionada pola Covid-19 no alumnado con TEA, asegurando os recursos de apoio que necesiten e favorecendo a asistencia presencial á escola, especialmente nos casos de maiores necesidades de apoio e baixa competencia dixital.

TAMÉN É  FUDAMENTAL Promover a igualdade de oportunidades no acceso ao EMPREGO.

Na Unión Europea menos do 10% das persoas con  TEA ten un emprego, o que nos sitúa como un dos colectivos da discapacidade con menor acceso ao mercado laboral; as que traballan adoitan ter empregos mal pagos ou de emprego protexido. Esta situación fai imprescindible que a regulación laboral en España teña en conta de forma específica ás persoas con autismo e favoreza un emprego estable cun nivel salarial digno que NOS permita desenvolver un modo de vida independente.

POR TANTO É IMPORTANTE:

6) Modificar a normativa vixente en materia de emprego de maneira que se considere ás persoas con  TEA de maneira específica, como colectivo de alta vulnerabilidade.

7) Contemplar de maneira específica ás persoas con  TEA como beneficiarias dos programas comúns de activación de emprego, posto que todas elas teñen, por definición, grandes dificultades respecto a a procura e o mantemento do emprego, teñan ou non discapacidade intelectual asociada.

8) Facilitar o acceso a unha variedade de experiencias laborais e oportunidades de emprego, contando cos apoios necesarios e accedendo a unha variedade de alternativas: emprego con apoio, programas de orientación profesional e intermediación sociolaboral, unidades especializadas, etc.) a través de itinerarios personalizados.

9) Facilitar o acceso das persoas con  TEA aos programas de emprego de colaboración social con entidades públicas, desenvolvendo alternativas flexibles para conseguilo.

10) Establecer medidas que minimicen o impacto da Covid-19 no acceso e mantemento do emprego das persoas con  TEA e garantan as condicións sanitarias necesarias de prevención e seguridade no desempeño laboral.

Sabemos que estamos a traballar para iso, e que seguiremos avanzando!!

 

A Federación Autismo Galicia constitúese no ano 1995 como unha entidade sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública.

Representamos a máis de 8000 persoas agrupadas nas 16 entidades que nos conforman, procurando e defendendo os dereitos e necesidades das persoas con  TEA. Ofrecendo unha ampla rede de servizos integrais e específicos, dirixidos a persoas con Trastornos do Espectro do Autismo ( TEA) e ás súas familias.

 

Lugar de celebración:

Vía Streaming nas nosas RRSS

Archivada en: