Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 29/03/2021 | Presentación do libro “Donde el tiempo no funciona” de PANUC

#DíaMundialAutismo con Fundación Menela. Presentación do libro “Donde el tiempo no funciona” de PANUC

Presentación do libro "Donde el tiempo no funciona" de PANUC. Tras estas siglas hai moito máis que iniciais dos membros da familia. Unha novela imprescindible que visibiliza aos irmáns que teñen que vivir a sombra dun irmán con Autismo.

30/03/2021 -

Presentación libro “Donde el tiempo no funciona” de PANUC 

Día: Martes 30 de marzo de 2021  

Hora: De 16:30h a 17:30h.  

Lugar de realización: A través do canal Youtube Fundación Menela
 

Este martes 30 de marzo ás 16:30h, a través do canal Youtube Fundación Menela, terá lugar a presentación do libro "Donde el tiempo no funciona" de PANUC. Tras estas siglas hai moito máis que iniciais dos membros da familia Sánchez Muiña. Paula, Antón, Nuria e Conchi coseron as palabras desta novela con humor e, especialmente, con corazón. Unha novela imprescindible que visibiliza aos irmáns que teñen que vivir a sombra dun irmán con Autismo.
 


 

Na presentación contaremos con Nuria, irmá de Paula, protagonista deste libro, e a súa nai Conchi. As acompañan o director xeral de Fundación Menela, Cipriano L. Jiménez Casas, Berta Meijide, profesora que tivo a Paula nos seus tres últimos anos escolares no Centro de Educación Especial Menela, e a que acompañou na súa transición ao Centro de adultos Castro Navás, e Pilar Pardo, directora do Centro Castro Navás onde reside Paula,

Lugar de celebración:

A través do canal Youtube Fundación Menela

Archivada en:
Infórmate > Agenda de Actividades