Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 25/03/2021 | Colexios e centros educativos en Galicia, campaña do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO.

Máis de 1500 colexios e centros educativos en Galicia xa teñen os materiais de traballo nas aulas para sumarse a campaña do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO. #DíaMundialAutismo

A Federación Autismo Galicia e a súa Rede de Entidades contactan cos centros educativos de toda Galicia, facilitando material educativo e actividades para traballar nas aulas. #PuedoAprenderPuedoTrabajar

25/03/2021

#DiaMundialAutismo #PuedoAprenderPuedoTraballar

Nos centros educativos, as aulas, os e as profesionais da educación xa poden contribuír a mellorar o coñecemento sobre o autismo entre o alumnado, favorecendo así a crear unha sociedade máis xusta, solidaria e respectuosa coa diversidade.

NESTE ENLACE podes descargar Ideas de actividades para realizar na aula.

Enlace de video explicativo: https://www.youtube.com/watch?v=eAeOX0k-H8M

Baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar”, a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2020-2021 pon o foco na educación e o emprego, dous ámbitos fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas con  TEA e conseguir a súa participación efectiva na sociedade.

As persoas con  TEA teñen dereito a acceder a unha educación de calidade que promova o seu éxito académico e o seu desenvolvemento persoal, pero que tamén facilite o seu acceso ao mercado laboral, atendendo para iso ás capacidades e necesidades específicas de cada unha.

Cal é a realidade en EDUCACIÓN:

  • O alumnado con  TEA ten un risco maior a ser vítima de acoso escolar, co consecuente impacto a longo prazo que esta situación conleva.
  • Detéctanse índices altos de abandono escolar ao finalizar a Educación Secundaria, en comparación cos índices de continuidade do resto do alumnado.
  • Hai unha escasa presenza do alumnado con  TEA na educación post obrigatoria.
  • A presenza deste alumnado na educación non universitaria foise incrementando nos últimos anos de forma significativa: 160% do curso 2011/12 ao 2018/2019).
  • Non están suficientemente desenvoltas a orientación vocacional e as experiencias prácticas.
  • Non hai conexión entre as últimas etapas educativas e os servizos de emprego.

Cales son as NECESIDADE no eido educativo:

Modalidades de escolarización flexibles.

Que se manteña, flexibilice e innove nas modalidades de escolarización, de maneira que se maximice o éxito educativo, o desenvolvemento persoal e a inclusión social, todo iso de acordo coa Convención sobre Dereitos de Persoas con Discapacidade.

Garantir rede variada, suficiente, específica e especializada de servizos, recursos e centros educativos.

Que se garanta unha rede variada, suficiente, específica e especializada de servizos, recursos e centros educativos en todos os territorios, que dispoñan dos medios adecuados para facilitar unha educación de calidade, individualizada e centrada na diversidade e necesidades de cada persoa con TEA.

Libre elección de modalidade de escolarización.

Que se garanta a libre elección de modalidade de escolarización por parte dos pais, nais e/ou representantes legais, de acordo co artigo 26. 3 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e o artigo 13.3 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Recursos e dotación económica Que se incrementen os recursos e a dotación económica asignada ao ámbito educativo, así como da adecuada capacitación dos membros da comunidade educativa para garantir a boa práctica no seu desenvolvemento e implementación.

Recursos e dotación económica.

Que se incrementen os recursos e a dotación económica asignada ao ámbito educativo, así como da adecuada capacitación dos membros da comunidade educativa para garantir a boa práctica no seu desenvolvemento e implementación.

TAMÉN PODEDES PARTICPAR NAS REDES SOCIAIS

Fai un xesto polo autismo en redes sociais!
O obxectivo deste xesto é mostrar que cada persoa é diferente e ten unhas determinadas fortalezas, que a sociedade pode e debe fomentar para ser cada vez máis respectuosa coa diversidade. Se queres apoiar a campaña “Podo aprender. Podo traballar” e mostrar así o teu compromiso e solidariedade coas persoas con TEA e as súas familias, poñémoscho moi fácil:
 
  1. Sostén coa man unha ferramenta ou utensilio, relacionados con algunha das túas habilidades ou capacidades, ou usa un dos bonitos troqueles.
  2. Faiche unha foto, vídeo ou gif sostendo (ou usando) a ferramenta ou troquel.
  3. Comparte nas túas redes sociais xunto aos hashtags #DiaMundialAutismo #PuedoAprenderPuedoTrabajar
 
Consulta toda a información da campaña no seguinte enlace:
 
 
Asina o manifesto do movemento asociativo do autismo en España. Podes mostrar o teu compromiso coas persoas con TEA e as súas familias asinando o manifesto do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2021.
 
 
#DiaMundialAutismo
#puedoaprenderpuedotrabajar

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias