Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 23/03/2021 | CURSO: EMPREGO E TEA

CURSO: EMPREGO E TEA

FORMACIÓN INTERNA: DESTINADA A PROFESIONAIS DAS ENTIDADES ASOCIADAS. O curso está enfocado a dotar aos profesionais, das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, de ferramentas teórico-prácticas, tanto para a posta en marcha de programas de emprego das entidades, como para o desenvolvemento de melloras nos programas existentes. PREME AQUÍ E INSCRÍBETE NO CURSO

17/04/2021 -

CURSO: EMPREGO E TEA

O curso está enfocado a dotar aos profesionais, das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, de ferramentas teórico-prácticas, tanto para a posta en marcha de programas de emprego das entidades, como para o desenvolvemento de melloras nos programas existentes. As persoas participantes poderán adquirir coñecementos sobre recursos para crear e manter un programa de emprego, así como estratexias para realizar un acompañamento individualizado a cada persoa con TEA na súa búsqueda e preparación para o emprego.

 

Obxectivos:

  • Dotar aos profesionais de ferramentas para a  posta en marcha ou mantemento de programas de emprego.
  • Coñecer as metodoloxías empregadas para a inclusión laboral das persoas con TEA; orientación vocacional, itienerarios personalizados, emprego con apoio.
  • Adquirir habilidades para a implementación das metodoloxías mencionadas
  • Coñecer pautas e recursos para o acompañamento individualizado da persoa con TEA

CONSULTA OU DESCARGA O PROGRAMA COMPLETO

 

Data de realización: 17 abril 2021

Lugar de realización: Modalidad Online a través de ZOOM

Horario: 10:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00

 

Número de prazas: 50

Destinatarios: O curso está destinado exclusivamente  a profesionais das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia. Profesionais  interesados en aprender estratexias para a posta en marcha de proxectos de inclusión laboral de persoas con TEA, así como para profesionais con interese en mellorar a súa capacitación profesional para o traballo co persoas adultas con TEA.

Prazo de inscrición: 5 abril 2021. Confirmaráselle a praza por correo electrónico e facilitaráselle número de conta bancaria para facer o ingreso.

PREME AQUÍ E INSCRÍBETE NO CURSO

 

DOCENTE: ROSA ÁLVAREZ

Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Sevilla e Master Universitario en discapacidade, integración e necesidades especiais pola Universidade de Cádiz.

Directora técnica da Federación Autismo Andalucía dende o ano 2002, é membro de varios grupos de investigación e coautora de varias publicacións de referencia e traduccións sobre os Trastornos do Espectro do Autismo.

Dende 2008 exerce tamén como mestra asociada do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Sevilla, e ademáis imparte cursos para profesionais en entidades adicadas á discapacidade, centros de formación de profesorado, xornadas universitarias, etc.

Membro de AETAPI, Asociación Española de Profesionais do Autismo.

 

 

 

Lugar de celebración:

Archivada en:
Infórmate > Agenda de Actividades