Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 22/03/2021 | A Comisión de Xustiza do Congreso aprobou o proxecto de lei polo que se reforma a lexislación civil e procesual para substituír a incapacidade xudicial das persoas con discapacidade

O Congreso aproba substituír a incapacitación xudicial de persoas con discapacidade por un sistema de apoio

Cambia o sistema legal actual por outro no que estas persoas poidan tomar as súas propias decisións de forma libre e informada

22/03/2021

A Comisión de Xustiza do Congreso aprobou o proxecto de lei polo que se reforma a lexislación civil e procesual para substituír a incapacidade xudicial das persoas con discapacidade por un sistema de apoio individualizado que lles permita tomar as súas propias decisións de forma libre e informada.
 
O texto, que contou co apoio de todos os grupos fóra de Vox que se abstivo, foi impulsado polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) e redactado polo Goberno.
O obxectivo desta iniciativa, que agora pasará á súa fase de tramitación no Senado, é cumprir coas recomendacións da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de Nova York.
 
A lei céntrase no termo apoio, que engloba desde a axuda técnica na comunicación de declaracións de vontade ou a ruptura de barreiras arquitectónicas ata a representación ou substitución na toma de decisións, unicamente cando o apoio non poida darse doutro xeito.
 
Ademais, a modificación elimina do ámbito da discapacidade a tutela, a patria potestade prorrogada e a patria potestade rehabilitada, figuras que non responden o sistema de promoción da autonomía das persoas adultas con discapacidade que se propón no anteproxecto. Tamén aborda a institución da curatela, entendida desde a perspectiva asistencial, o que obriga a modificar as leis Hipotecaria e do Rexistro Civil.
 
As principais organizacións de defensa da discapacidade, como o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade, Cermi, impulsoras da proposta lexislativa, seguiron o debate no Parlamento e aplaudido a súa aprobación. "Esta reforma acabará cunha inxustiza histórica para as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento sobre as que, actualmente, a lei prevé figuras de substitución na toma de decisións contrarias á Constitución española e á Convención de Nacións Unidas", destacan desde a Asociación Española de Fundacións Tutelares ( AEFT) e Plena Inclusión.
 
Consenso entre case todos os grupos políticos Durante o debate, os portavoces dos grupos eloxiaron o espírito de consenso e o talante dialogante dos partidos para chegar a acordos en torno ao medio milleiro de emendas presentadas ao texto enviado polo Goberno o pasado 4 de xullo.
Todos os grupos, excepto Vox, apoiaron a reforma, que pasa agora á súa fase de tramitación no Senado
 

Archivada en:
Infórmate > Noticias