Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 11/03/2021 | Webinario: O CAMIÑO PARA A DETECCIÓN DO AUTISMO NA MULLER. EXPERIENCIAS PROFESIONAIS E TESTEMUÑOS. Yasmín Carolina Cortez Benítez

As mulleres con autismo non queremos ser rostros ocultos.

Estas son as conclusións do Webinario: O CAMIÑO PARA A DETECCIÓN DO AUTISMO NA MULLER. EXPERIENCIAS PROFESIONAIS E TESTEMUÑOS que recolleu por unha banda, as experiencias prácticas profesionais sobre a detección, valoración e intervención do TEA e por outra, testemuños vitais de mulleres con autismo sobre a súa vida cotiá.

11/03/2021

Unha xornada de coñecemento e experiencias compartidas que fai honra ás palabras de Temple Gardin: «Son diferente, non menos, e o mundo necesita diferentes tipos de mentes para traballar xuntas.»

Tivemos o pracer de contar coas intervencións de Mercedes Castro Seijas, Vicexerente do Servizo Galego de Saúde, da presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo, e a oportunidade de escoitar desde a súa propia voz e as súas necesidades a mulleres diagnosticadas con autismo, que compartiron connosco a súa experiencia, acompañados tamén de profesionais que nos deron as claves sobre a detección do autismo na muller.

Paloma Rodríguez Blanco, psicóloga en ASPERGA, no Servizo de valoración específica en TEA e intervención psicolóxica individual, falounos sobre a detección e características da muller con TEA, a valoración e o diagnóstico. Paloma, explicou a importancia de coñecer as características específicas na mulleres que poden estar enmascaras nas diferentes etapas evolutivas da muller e a importancia do diagnóstico.

Yara Buján Pérez, persoa con TEA, é historiadora ecompartiu con nos testemuños sobre a súa Infancia e mocidade ata que recibiu o diagnóstico do Autismo e o que supuxo para ela. Damos as grazas a Yara por expresar con tanta claridade a súa experiencia, e como ben di ela: "necesitamos respeto e educación para a mellora de esta sociedade"

Macarena Blanco Delgado, psicóloga responsable do Servizo de Atención Temperá e Diagnóstico da Fundación Menela, tratou na súa intervención sobre as dificultades máis frecuentes e o traballo terapéutico sobre necesidades das mulleres con TEA e o apoio dende o servizo de Menela. Macarena puxo en evidencia o incremento de nenas e mulleres no servizo  e o apoio que se da nas necesidades máis especificas. Tamén destacou a importancia do coñecemento das diferencias nos profesionais da saúde para chegar a un diagnóstico temperá.

Yasmín Carolina Cortez Benítez do grupo terapéutico de mulleres da Fundación Menela falounos dos dos problemas na vida cotiá que ten polo feito de ter TEA e a importancia da visibilización do autismo na muller.

Os vosos testimonios son o claro exemplo do motivo destas inciativas, que as mulleres con autismo non sexan rostros ocultos, mostren a realidade das mulleres con TEA, poñendo voz tamén as mulleres con TEA e discapacidade intelectual, ue reclamar entre todos un maior coñecemento e mostrar e visibilizar o que podedes aportar.

Palabras da presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo.

" Desde Autismo Galicia non somos alleas ás reivindicacións feministas que ocupan un espazo relevante nas axendas sociais e políticas a escala nacional e internacional. A reivindicación polo dereito das mulleres á lograr os medios e a independencia para facer e decidir sobre aquilo que nos permite mellorar a nosa situación, e contar coas oportunidades para desenvolvernos persoalmente en plenitude.

É, para o noso colectivo fundamental aplicar a perspectiva de xénero á hora de analizar, tratar e reivindicar o cumprimento dos dereitos das persoas con TEA xa que aínda que debe considerase na elaboración de calquera política ou intervención, no noso caso cobra unha especial relevancia xa que historicamente o diagnóstico de autismo deuse en moita maior proporción en homes que en mulleres.

De feito, a sintomatoloxía do autismo é moi diferente en mulleres e homes. Razón pola cal se fai necesario traballar na importancia da detección temperá e o diagnóstico tardío nas mulleres A Federación Autismo Galicia leva anos traballando nun programa específico de mellora da asistencia sanitaria a pacientes con TEA que abarca accións de incidencia na contorna e contexto sanitario, e que puxo en marcha desde o seu programa e en colaboración coa Consellería de sanidade e Sergas, unha gran cantidade de proposta de medidas e melloras.

Así en relación coa nosa reivindicación de contar con profesionais sanitarios formados para a atención ao paciente con TEA, sumamos así unha iniciativa máis na liña de colaboración que temos establecida coa Consellería de Sanidade para dar a coñecer dous aspectos craves no autismo: a importancia do acceso ao diagnóstico e a incorporación ao mesmo desta visión desde unha perspectiva de xénero. Nesta xornada tivemos a oportunidade de escoitar desde a súa propia voz e as súas necesidades a mulleres diagnosticadas con autismo, para que compartan connosco a súa experiencia."

CONCLUSIÓNS

Parece que os Trastornos do Espectro do Autismo maniféstanse cunhas características concretas nas mulleres que, por non adaptarse aos canon elaborados desde a sintomatoloxía da poboación masculina con TEA, adoitan pasar desapercibidos, e unicamente son detectados no caso de que vaian acompañadas de  comorbilidades severas.

Paloma explicabános con detalle, como ás mulleres con TEA poden ter a capacidade de “camuflar” as súas dificultades, podendo simular un comportamento máis axustado socialmente. De igual maneira, os síntomas conductuales visibles son menos frecuentes, aparecendo en maior medida problemas como ansiedade, depresión ou trastornos da alimentación.

Isto pon de relevancia a importancia de redefinir os criterios de detección e diagnóstico, incluíndo o compoñente de xénero de forma que as mulleres con TEA poidan ter os mesmos dereitos a un diagnóstico que os seus compañeiros homes. Neste sentido, vaise avanzando nesa redefinición.

Yara dicía que a camuflaxe xera vulnerabilidade, abuso e acoso, un profundo impacto emocional e cognitivo nas mulleres con  TEA  e sen acceso a recursos e servizos que lles poidan prestar os apoios que precisan. As mulleres  quedan en moitas ocasións invisibilizadas, como decía Yasmin, nos diferentes ámbitos: social, educativo, laboral e da saúde e que moitas veces provocan esteticismo e estigma cara o TEA.

A mellora na detección dá resultado o desenvolvemento de programas como os da fundación Menela que nos comentaba a  compañeira Macarena,  os da asociación  Asperga ou os da rede asociativa da Federación Autismo Galicia,. Son programas que  promoven unha  intervención adecuada ás necesidades de apoio, como por exemplo,na xestión emocional, control de estímulos sensoriais, manexo dos pensamentos e intereses,etc.  Programas específicos dirixidos a mellorar a calidade de vida das mulleres con TEA, algo que elas mesmas están a demandar.

Como sabedes avance no coñecemento do Autismo contribuiu un avance no aumento da prevalencia.  Nos últimos anos falamos de unha proporcion, de  3 homes por 1 muller  ou incluso 2/1. E decir, Entre 140 mil e 295 mil nenas e mulleres en España.

Pero seguimos tendo unha falta de información  e de datos nas investigación que fan que os diagnósticos nas mulleres non se fagan ou se fagan tarde.

Nas mulleres os signos poden pasar máis desapercibidos e pódense camuflar e ter diagnósticos erróneos oi pouco precisos, , sobre todo no caso de mulleres sen DI.

É por iso que Autismo Galicia publica subvencionado pola Xunta de Galicia-Consellería de sanidade e SERGAS, a guía “A detección do TEA nas mulleres”,  unha ferramenta de consulta para os profesionais de sanitarios, otros profesionais e outros interesados e interesadas que  lles permitirá acceder a un maior coñecemento, comprender o autismo desde unha perspectiva de xénero.

Na guía descríbense condutas máis específicas nas mulleres con TEA e recursos que poden axudar neste proceso de coñecemento,

Consulta ou descarga a Guía: A detección do TEA nas mulleres.

Webinario financiado por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario

Archivada en:
Infórmate > Noticias