Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 08/03/2021 | 8 de Marzo día internacional da Muller

8 de Marzo, día internacional da muller : “ O camiño na detección da muller con Autismo”

É imprescindible garantir a necesidade de mellorar a detección, o diagnóstico e que as políticas, actuacións e sistemas de apoio que se desenvolvan para dar resposta ás necesidades do colectivo e incorporen de maneira efectiva a perspectiva de xénero e a situación das mulleres con  TEA.

08/03/2021

Fai anos falabamos que o trastorno de espectro do autismo (TEA) presentábase catro veces mais no caso dos homes que en mulleres. Na actualidade sabemos que estes datos estanse cuestionando, equiparándose, debido o aumento de diagnósticos en nenas e mulleres que se está producindo nos últimos anos polo avance no coñecemento do TEA e na súa identificación temperá.

Os instrumentos de detección son  pouco sensibles as manifestacións do TEA na muller e nas nenas, a falta de información no ámbito científico da lugar a nesgos de xénero na práctica profesional e as mellores habilidades de afrontamento e adaptación nas mulleres, provoca que diagnósticos nas mulleres retrásanse aínda máis que nos homes. Nas mulleres, os signos poden pasar máis desapercibidos e pódense camuflar e ter diagnósticos erróneos doutros trastornos ou patoloxías, ou ser pouco preciso, dando lugar a un subdiagnóstico, sobre todo no caso de mulleres sen discapacidade intelectual.

A investigación apunta a que as mulleres con TEA parecen utilizar outras estratexias para manexar situacións sociais e presentan outros tipos de intereses restrinxidos. No caso dos homes existen fortalezas cognitivas relacionadas coa atención focalizada e as habilidades visoespaciais, así como unha maior regulación das respostas cognitivas de  impulsividade. No caso das mulleres parecen obterse mellores resultados en tarefas relacionadas coa flexibilidade cognitiva, a atención dividida e o seguimento conceptual

A visibilización social e os dereitos das mulleres con  TEA

Con todo, a investigación o respecto é moi reducida e o alcance das conclusións obtidas é tamén moi limitado. É, por tanto, esencial impulsar a investigación sobre a súa realidade e tamén a visibilización do seu rol social.

O diagnóstico precoz e atención temperá vai a influír no desenvolvemento da persoa con TEA. O diagnóstico tardío en moitas mulleres e nenas, terá un impacto negativo en todas as dimensións do seu desenvolvemento persoal e calidade de vida.

Instamos este 8 de marzo a garantir a mellora na detección, o diagnóstico e que as políticas, actuacións e sistemas de apoio que se desenvolvan para dar resposta ás necesidades do colectivo e incorporen de maneira efectiva a perspectiva de xénero e a situación das mulleres con  TEA.

O CERMI Mulleres pon de manifesto “ a necesidade de construír unha sociedade igualitaria e inclusiva, que conte coas mulleres e nenas con discapacidade e se teña en conta o enfoque de xénero e discapacidade en todas as políticas públicas”

 

WEBINARIO “O camiño para a detección do Autismo na muller. Experiencias profesionais e testemuños” E Presentación da Guía “A detección do TEA nas mulleres”

Co gallo do día da Muller Autismo Galicia realiza o Webinario “ O camiño da detección na muller con Autismo”. Queremos presentar a  publicación “Guía de Detección da muller con TEA”, editada pola Federación Autismo Galicia e subvencionada pola Xunta de Galicia -Consellería de Sanidade e SERGAS que presenta orientacións sobre o Autismo dende unha perspectiva de xénero e indicadores para a súa detección. 

E queremos visibilizar os obstáculos que teñen tanto nenas como mulleres á hora de ter un diagnóstico de Trastorno del Espectro Autista (TEA) e como se con esta actividade de sensibilización que recolle por unha banda, as experiencias prácticas profesionais sobre a detección, valoración e intervención nas necesidades das mulleres con TEA e por outra, testemuños vitais de mulleres con autismo sobre a súa vida cotiá.

Financiado por: Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva na contorna sanitaria. 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias