Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 05/03/2021 | Testemuño de Ana Ája, nai de dos nenos con TEA usuarios de Aspanaes.

A Comisión de Muller do CERMI Galicia do que Autismo Galicia forma parte participou no webinario “ Mulleres coidadoras” a través do testemuño de Ana Ája, nai de dos nenos con TEA usuarios de Aspanaes.

A xornada concluíu en que queda moito camiño por percorrer. É necesario visualizar este webinar e é tarefa de todos recoñecer e poñer en valor as coidadoras e a muller con discapacidade.

05/03/2021

Ana facía fincapé nas carencias das coidadoras tanto no apoio económico como no arrimo para o respiro da persoa que é coidadora para o seu benestar emocional. Destacou a importancia da sociedade de aceptar a riqueza da diversidade e que as familias e as persoas con diversidade funcional non se poñan as súas propias barreiras de cara a participar na sociedade.

A xornada de hoxe concluíu que queda moito camiño por percorrer e moita da realidade é a seguinte: o papel da coidadora continua sendo maioritariamente das mulleres, as coidadoras teñen que renunciar a un traballo ou carreira profesional, a vida social e os intereses persoais desaparecen. Aparecen enfermidades polo feito do coidado. Os recursos e apoios económicos son insuficientes.Os programas de respiro non son suficiente, nin as veces se adaptan a todas as persoas con discapacidade. A profesión de coidadora non é remunerada, non ten tempos nin é recoñecida. 

É necesario visualizar este webinar e é tarefa de todos recoñecer e poñer en valor as coidadoras e a muller con discapacidade.

PARA VER o webinar PREME AQUÍ ou dalle na foto.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias