Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 18/02/2021 | Guía A Comunicación e atención co paciente con autismo.

Comunicación e atención ao paciente con autismo.

A Federación Autismo Galicia edita unha guía para os profesionais da saúde que permita ampliar o coñecemento sobre o paciente con TEA, mellorar a atención a través de adaptacións non significativas no contexto sanitario e mellorar a comunicación co paciente con TEA.

18/02/2021

CONSULTA E DESCARGA A GUIA de comunicación e atención ao paciente con TEA

A Federación Autismo Galicia traballa nun programa de mellora da asistencia sanitaria a pacientes con TEA. Este programa abrangue accións de incidencia na contorna e contexto sanitaria, para contribuír na atención ao paciente con TEA.  Realiza accións en colaboración co SERGAS na mellora da contorna física das consultas ou espazos sanitarios, anticipación dos procesos na consulta ou probas sanitaria, a implementación de medidas que contribúan a comprensión de todo o proceso: dende a recepción ata que abandona a consulta e formación na mellora na comunicación co paciente con TEA e os seus acompañantes.

Desde a Federación Autismo Galicia contamos co coñecemento sobre a especificidade do TEA, que baseásea nas necesidades das persoas con TEA e na experiencia e traballo da rede asociativa e na especialización dos profesionais, sobre as dificultades que poden estar asociadas ao trastorno e as medidas e estratexias que poden axudar, para ter unha mellor atención e comunicación co paciente con TEA.

As necesidades das persoas con TEA no proceso de comunicación nunha consulta quedaron reflexadas nun video que Cristian e Adrián, rapaces con TEA, pacientes do SERGAS e usuarios da asociación TRASCOS, describen ás súas dificultades e inquietudes cando van a realizar unha consulta ou realizar unha proba médica.

 

Agora que o SERGAS inicia a implementación do seu plan de humanización, é preciso seguir traballando e incidindo nas recomendacións para a mellora da atención sanitaria o paciente con TEA, a través de un traballo colaborativo e proactivo entre as entidades que formamos a rede asociativa da Federación Autismo Galicia e os servizos do SERGAS.

Co coñecemento das necesidades e a nosa especialización no TEA ofrecemos a guía subvencionada polo SERGAS, de atención e comunicación co paciente con TEA, que consiste en ofrecer orientacións para mellorar a comunicación co paciente nunha consulta sanitaria e facelo de forma práctica e precisa. Unha ferramenta de consulta para os profesionais da saúde do SERGAS que permita ampliar o seu coñecemento sobre o paciente con TEA e como mellorar a atención a través de adaptacións non significativas do contexto no que se produce a atención e especialmente no proceso comunicativo para unha consulta máis eficaz.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias