Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 08/02/2021 | Fundación Menela organiza o encontro: “ Última hora: aos autistas non os levan os extraterrestres”

Fundación Menela organiza o encontro: “ Última hora: aos autistas non os levan os extraterrestres”

En conmemoración do Día da Síndrome de Asperger. Nesta ocasión especial, o encontro correrá a cargo de Carmen Molina. #HAZESPACIO #DíaInternacionalAsperger

18/02/2021 -

Vos informamos que o próximo encontro con familias celebrarase o xoves 18 de febreiro ás 18:00 horas, en conmemoración do Día da S. de Asperger.


Nesta ocasión especial, o encontro correrá a cargo de Carmen Molina, como ela mesma se define, é unha muller autista que non sofre pola súa condición.

Acostumada a potenciar as súas fortalezas, fai anos que deixou de fixarse nas dificultades que a sociedade na que vivimos fai afrontar ás persoas autistas, para buscar una vida libre e plena. Profesional da xestión de empresas culturais, con 38 años de carreira profesional, actualmente traballa dende as asociacións Sinteno, e CEPAMA Mujeres Autistas, para dar visibilidade á condición autista e axudar a xerar estratexias que melloren a calidade de vida de este colectivo
O título elixido pola poñente para o encontro é : "Última hora: aos autistas non os levan os extraterrestres"
A través deste título, Carmen abordará a necesidade de concienciar os pais, nais e titores sobre a necesidade de dar independencia as persoas con autismo, favorecendo o propio desenvolvemento persoal e identidade na vida adulta.


Pola presente o encontro se levará a cabo, en formato de videoconferencia, a través dunha aplicación informática, dada a situación do Covid-19. O día antes da conferencia enviaríamos o enlace correspondente ás vosas direccións de correo electrónico para poder conectarvos á mesma.
Os recomendamos que non vos lo perdades e esperamos que sexa do voso interese e que poidades participar.

Pregamos confirmación de asistencia na Administración do Edificio CAMI ou no correo electrónico edificiocami@menela.org antes do 16 de febreiro do 2021.

As prazas asignaranse por orde de inscrición.

#HAZESPACIO #DíaInternacionalAsperger

 

Moitas grazas

Lugar de celebración:

MODALIDADE ONLINE

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades