Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 08/02/2021 | A detección do Autismo na Muller

WEBINARIO “O camiño para a detección do Autismo na muller. Experiencias profesionais e testemuños” E Presentación da Guía “A detección do TEA nas mulleres”

ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACIÓN ON LINE DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CON GALLO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Actividade de sensibilización que recolle por unha banda, as experiencias prácticas profesionais sobre a detección, valoración e intervención do TEA e por outra, testemuños vitais de mulleres con autismo sobre a súa vida cotiá. PREME AQUÍ e INSCRÍBETE NA ACTIVIDADE

10/03/2021 -

Actualmente estímase que en España poden haber unhas 450.000 persoas con autismo e en Galicia unhas 27.000.

A sintomatoloxía do autismo é moi diferente en mulleres e homes

Ata fai ben pouco considerábase que a prevalencia do autismo era maior nos homes que nas mulleres, pero observamos que isto está a cambiar segundo confirman os últimos estudos de investigación realizados, que poñen de manifesto que hai moitas máis nenas e mulleres con  TEA das que viñan detectando.

Boa parte dos test psicolóxicos para avaliar a saúde mental tamén están afectados por un rumbo de xénero, porque foron construídos con preguntas dirixidas a considerar como normais as condutas masculinas. De feito, a sintomatoloxía do autismo é moi diferente en mulleres e homes. Razón pola cal se fai necesario traballar na importancia da detección temperá e o diagnóstico tardío nas mulleres

 

WEBINARIO “O camiño para a detección do Autismo na muller. Experiencias profesionais e testemuños” E Presentación da Guía “A detección do TEA nas mulleres”

ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACIÓN ON LINE DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CO GALLO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

PREME AQUÍ e INSCRÍBETE NA ACTIVIDADE

Organiza: Federación Autismo Galicia

Subvenciona: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade

DESCRICIÓN:

Actividade de sensibilización que recolle por unha banda, as experiencias prácticas profesionais sobre a detección, valoración e intervención do TEA e por outra, testemuños vitais de mulleres con autismo sobre as súas dificultades na vida cotiá.Así como a presentación da Guía de Detección da muller con TEA, editada pola Federación Autismo Galicia, co fin de visibilizar as dificultades tanto na detección como diagnóstico en nenas e mulleres.

Día:        Mércores, 10 de marzo de 2021

Evento On Line

Hora:     17.00 a 19.00h

 

PROGRAMA:

Presentación institucional

Contaremos coas intervencións de Mercedes Castro Seijas, Vicexerente do Servizo Galego de Saúde, da presidenta da Federación Autismo Galicia, Mercedes Fernández Angulo.

 

Presentación da GUÍA DE DETECCIÓN DA MULLER CON TEA.

  • Cristina Couto Pena. Psicóloga da Federación Autismo Galicia.

Mesa: O CAMIÑO PARA A DETECCIÓN DO AUTISMO NA MULLER. EXPERIENCIAS PROFESIONAIS E TESTEMUÑOS

Modera: Cristina Couto

Intervención de:

Paloma Rodríguez Blanco. Psicóloga xeral sanitaria. Máster en Psicoloxía Infantoxuvenil. Formación en ADI-R e ADOS. Psicóloga en ASPERGA, no Servizo de valoración específica en TEA e intervención psicolóxica individual. Detección e características da muller con TEA. Funcionamento, valoración e diagnóstico.

Intervención de:

Yara Buján Pérez. Muller con TEA. Infancia e mocidade ata o diagnóstico do Autismo. Dificultades e impacto da nova.

Intervención de:

Macarena Blanco Delgado. Psicóloga responsable do Servizo de Atención Temperá e Diagnóstico da Fundación Menela. E Psicóloga Clínica no Edificio CAMI. Intervención sobre as dificultades máis frecuentes. O traballo terapáutico sobre necesidades das mulleres con TEA e o apoio dende o servizo.

Intervención de MULLERES CON TEA:

Alba González Gondar E Yasmín Carolina Cortez Benítez. Problemas na vida cotiá como muller con TEA. A importancia da visibilización.

 

Consulta ou descarga a Guía: A detección do TEA nas mulleres.

Unha ferramenta de consulta para os profesionais de sanitarios que  lle permita acceder a un maior coñecemento, comprender o autismo desde unha perspectiva de xénero, e de esta forma, desde Autismo Galicia seguir visibilizando á muller con TEA na procura de que se mellore a detección temperá e se teña en conta as súas necesidades na atención sanitaria.

Lugar de celebración:

MODALIDADE ONLINE

Archivada en:
Infórmate > Agenda de Actividades