Formación y actividades
© Federación Autismo Galicia | 08/02/2021 | EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL EN PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO
CURSO: EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL EN PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO. COMO ATENDER, EDUCAR E PRESTAR APOIOS Á SEXUALIDADE DE NENOS, NENAS, ADOLESCENTES, MOZOS/AS E PERSOAS ADULTAS CON TEA.
Curso recoñecido de interese sanitario pola Consellería de Sanidade. O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades aso-ciadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA. DOCENTE: NATALIA RUBIO ARRIBAS. PREME AQUÍ e INSCRÍBETE NO CURSO
12/03/2021 -
CURSO: EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL EN PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO. COMO ATENDER, EDUCAR E PRESTAR APOIOS Á SEXUALIDADE DE NENOS, NENAS, ADOLESCENTES, MOZOS/AS E PERSOAS ADULTAS CON TEA.
Curso recoñecido de interese sanitario pola Consellería de Sanidade.
Financiado por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Ga-licia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.
Data de realización: 12 e 13 de marzo de 2021
Lugar de realización: Modalidad Online a través de ZOOM
Horario:
Venres 12 de marzo: 17:30 a 20:30
Sábado 13 de marzo: 09:30 a 14:30
Número de prazas: 100
Destinatarios: O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades aso-ciadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA.
Prazo de inscrición: ata o 22 de febreiro 2021. Confirmaráselle a praza por correo electrónico e facilitaráselle número de conta bancaria para facer o ingreso. Teñen preferencia os profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia.
PREME AQUÍ e INSCRÍBETE NO CURSO
OBXECTIVOS:
• Adquirir coñcementos así como estratexias que permitan a abordaxe da sexualidade tanto coas propias persoas con TEA como coas súas familias.
• Adquirir habilidades que contribúan a que os nenos/as , adolescentes, mozos/as e persoas con Trastornos de Espectro do Autismo aprendan a coñecerse, a aceptarse e a expresar a súa sexualidade de modo que lles resulte satisfactorio, sendo a persoa tan protagonista como sexa posible da súa propia historia de vida.
• Analizar estudar casos nos que a sexulaidade se presenta de xeito inadecuado, ou como pro-blema, e atopar pautas de actuación.
• Adquirir habilidades que faciliten que os/as profesionais que traballan con persoas con TEA, se impliquen na educación sexual. Favorecer a coordinación e transversalidade, unificar crite-rios nas intervencións e nalgúns casos a derivación.
• Incorporar a intervención con familias de persoas con TEA, facilitando claves que faciliten a súa participación no proceso de atención e educación á sexualidade das persoas con TEA.
CONSULTA OU DESCARGA O PROGRAMA COMPLETO
DOCENTE: NATALIA RUBIO ARRIBAS
Psicóloga clínica, Sexóloga, Pedagoga e Mestra en Educación Especial. Experta en Educación Se-xual, asesoramento sexolóxico e terapia sexual e de parella. Experta en enfoque de xénero e igula-dade. Experta en cognición, emoción e saúde.
Presidenta Asociación Estatal Sexualidad y Discapacidad. Responsable Master Sexoloxía a distan-cia UCJC e Mestra Master Oficinal Sexoloxía UCJC ( Universidade Camilo José Cela-Madrid).
Colaboradora e asesora de Confederacións, Federacións e entidades estatais e internacionais .
Autora de publicacións e estudos de investigación referentes ao ámbito.
Lugar de celebración:
MODALIDADE ONLINE. 12 e 13 de marzo de 2021
Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades