Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 03/02/2021 | Desenvolvemento Asociativo

Cando marcas a X SOLIDARIA Autismo Galicia pon en marcha toda a túa solidariedade.

Durante este ano Autismo Galicia e as súas entidades poderán desenvolver un maior número de programas e maior dotación económica, grazas as axudas da asignación tributaria do IRPF que distribúe a Xunta de Galicia.

03/02/2021

Poñemos en marcha a túa solidariedade:  cando marcas a casiña de fins sociais na túa declaración da renda. Durante este ano Autismo Galicia e as súas entidades poderán desenvolver un maior número de programas e maior dotación económica, grazas as axudas da asignación tributaria do IRPF que distribúe a Xunta de Galicia.

 

Como cada ano, a solidariedade cidadá, cando marca a casiña destinada a fins sociais na súa declaración da renda, constitúe unha oportunidade para poder desenvolver programas de atención a persoas con trastorno do espectro do autismo e ás súas familias, ou  programas para dotar e equipar servizos de entidades que dedicamos o noso traballo a desenvolvelos de forma especializada.

Dende a Área de Desenvolvemento Asociativo da Federación Autismo Galicia en coordinación co Departamento Financeiro da mesma, se presentaron á convocatoria de axudas para programas de interese social con cargo á asignación tributaria do 0, 7 do IRPF, un total de 11 programas cuxo contido abrangue accións de: respiro familiar, autonomía persoal e inclusión socio laboral, formación, asesoramento e protección social e xurídica, diagnóstico precoz e atención temperá, participación social, cultural e deportiva, prevención do envellecemento, accesibilidade cognitiva, obras e equipamento. Todo eles baseados nas necesidades demandadas polas nosas entidades membro, como prestadoras de servizos de atención directa ao colectivo e pola propia federación e  dotados cun total de 374.158 euros.

Dende Desenvolvemento Asociativo se xestionarán un total de 298.851,10 euros para os programas que de forma directa levarán a cabo as nosas entidades federadas, cuxos principais destinatarios serán persoas con TEA e familias de toda a Comunidade Autónoma. Se realizarán actividades que promoverán a súa calidade de vida, a autonomía, a saúde, a inclusión social e laboral, a defensa dos seus dereitos, a súa capacitación como cidadáns, así mesmo, se xestionarán axudas para a mellora dos servizos e creación doutros novos.

Dende a Federación Autismo Galicia, se destinarán, aos mesmos beneficiarios e coa mesma finalidade un total de 75.306,90 euros.

De todos estes programas a Federación reporta información na súa memoria anual que se pode atopar nesta páxina web,  onde calquera cidadán pode coñecer de forma máis detallada como se utiliza a súa solidariedade. Cada vez que marcamos a casiña de fins sociais sumamos a unha sociedade inclusiva e impulsamos a ruptura das barreiras que configuran a discapacidade.

Grazas a todos por sumar.

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias