Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 29/01/2021 | WEBINAR ASPERGER E ACTUALIDADE e Presentación da Revista MAREMÁGNUM: AUTISMO(S)

WEBINAR ASPERGER E ACTUALIDADE e Presentación da Revista MAREMÁGNUM: AUTISMO(S)

ACTO INSTITUCIONAL DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER.

INSCRÍBETE AO WEBINAR gratuito CUBRINDO ESTE FORMULARIO. ABERTO A TODO PÚBLICO.

29/01/2021

O 18 de febreiro celébrase, como cada ano desde 2007, o Día Internacional da Síndrome de Asperger. Esta data coincide co aniversario do nacemento de  Hans Asperxer, psiquiatra austríaco que describiu por primeira vez esta síndrome.

WEBINAR ASPERGER E ACTUALIDADE e Presentación da Revista MAREMÁGNUM: AUTISMO(S)

Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER, a Federación Autismo Galicia organiza un acto oficial conmemorativo, coa presencia de representantes da administración, que dará paso a unha Xornada Online gratuita de conferencias entorno a Síndrome da Asperger e actualidade, as necesidades e realidades das persoas con Asperger, demandas do colectivo, o eido laboral e as persoas con Asperger, as súas competencia e empregabilidade, entre outro temas de interese.

A continuación e dentro da mesma xornada farase a presnetación da nova edición da revista Maremágnum AUTISMO(S)

Podes cosultar e descargar o PROGRAMA COMPLETO NESTE ENLACE.

INSCRÍBETE AO WEBINAR GRATUITO: ASPERGER E ACTUALIDADE  e Presentación da Revista  MAREMÁGNUM: AUTISMO(S)
CUBRINDO ESTE FORMULARIO
.

Unha actividade organizada pola Federación Autismo Galicia e subvencionada pola Xunta de Galicia. Consellería de Política Social

Axenda de actividades con motivo do DMAS.

A Asociación Asperga en colaboración coa Federación Autismo Galicia organiza tamén un CICLO DE CONFERENCIAS con motivo do DMAS, no que se reunirán profesionais e persoas con TEA para falar das temáticas actuais en realción ao Síndrome de Asperger.

  • 6 DE FEBREIRO: ESTREA DE VIDEO: QUÉ É O SA?
  • 13 DE FEBREIRO: AUTONOMÍA e TEA
  • 20 DE FEBREIRO: MESA REDONDA CON 4 USUARIOS coa temática: COMO INFLUÍU O SA NO teu DESENVOLVEMENTO?
  • 27 DE FEBRERO: COMUNICACIÓN e LINGUAXE no SA/TEA
  • 27 DE FEBREIRO ADAPTACIÓNS NA AULA PARA O ALUMNADO SA/ TEA

Máis info en www.asperga.org / 881 917 318 / asperga@asperga.org

Os obxectivos que perseguimos ao celebrar este día son:

I. Visibilizar ao colectivo, a súa realidade, necesidades e capacidades, promovendo a concienciación social para conseguir un cambio na percepción e actitude da sociedade cara ás persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA).

II. Asentar a mensaxe de que a síndrome de Asperger é trastorno do espectro do autismo sen discapacidade intelectual nin dificultades significativas no desenvolvemento da linguaxe

III. Posicionarnos como organizacións de referencia para as persoas con trastorno do espectro do autismo sen discapacidade intelectual asociada (síndrome de Asperger).

 

QUÉ É A SÍNDROME DE ASPERGER?

O  TEA é un trastorno complexo do  neurodesarrollo que acompaña á persoa durante todo o seu ciclo vital.

Porque é un ESPECTRO? Considérase un espectro porque aínda que todas as persoas con  TEA comparten dificultades na comunicación social, o pensamento e a conduta inflexible,  atopamos unha ampla variación no tipo e a gravidade dos síntomas.

As manifestacións dos síntomas son diferentes en cada persoa concibíndoo como un trastorno enormemente heteroxéneo e como un conxunto máis que como unha categoría que describa un modelo de ser.

Podemos referirnos ao tradicionalmente denominado “síndrome de Asperger” como trastorno do espectro do autismo sen discapacidade intelectual asociada nin dificultades en aspectos formais da linguaxe.

Características del síndrome de Asperger

As persoas con síndrome de Asperger comparten as características nucleares do TEA, que se manifestan fundamentalmente en dúas áreas do seu desenvolvemento evolutivo e funcionamento persoal: a comunicación social e a flexibilidade do comportamento e do pensamento.

Polo que respecta á comunicación, por exemplo, teñen dificultades para entender a comunicación non verbal (xestos, expresións faciais, ton de voz, etc.), as mensaxes sutís que se transmiten a través desta canle ou o significado non literal da linguaxe (moitas veces non entenden as bromas, os chistes, as metáforas ou os sarcasmos).

En relación coa flexibilidade do comportamento, as persoas con síndrome de Asperger teñen dificultades para recoñecer e comprender as regras sociais “non escritas”, resúltalles complexo intuír cales son os sentimentos e emocións doutras persoas (polo que pode parecer que non os teñen en conta) e atopan difícil expresan as súas propias emocións dunha maneira convencional.

A  inflexibilidad de pensamento maniféstase, por exemplo, en que a súa forma de pensar é ríxida e concreta, o que lles fai ter dificultades en tarefas que requiren flexibilidade ou procura de alternativas para a resolución de problemas; as rutinas proporciónanlles seguridade e pautas concretas de actuación; ten intereses moi concretos e específicos sobre os que chegan a ser expertos.

Prevalencia

Aínda que descoñecemos o número exacto de persoas que presentan TEA sen discapacidade intelectual asociada, ou síndrome de Asperger, diversos estudos de prevalencia da discapacidade intelectual na poboación infantil e adolescente con  TEA (menores de 18 anos) apuntan a que poderían representar ao redor dun 45-70% do colectivo  TEA.

A SITUACIÓN EN GALICIA

Estímase que 1 de cada 100 nacementos pode ser unha persona con TEA, iso deixanos con case 27.000 persoas con TEA en Galicia.

A Federación Autismo Galicia representa, apoia e defende os dereitos de máis de 8000 persoas, familias e persoas con  TEA, as súas 16 entidades conforman a plataforma e amparo necesario para a defensa dos dereitos e necesidades das persoas con TEA.

A nosa aspiración é ofrecer un armazón de servizos que apoien e cubran todas as necesidades e demandas das persoas con TEA e as súas familias durante todo o traxecto da súa experiencia vital. Por este motivo estamos nun estado permanente de revisión, crecemento e construción de obxectivos, cos que obter unha maior calidade de vida, de servizos, de atención directa e de formación.

Archivada en:
Infórmate > Noticias