Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 29/01/2021 | 30 de xaneiro conmemórase nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz

NON VIOLENCIA NA AULA PARA O ALUMNADO CON TEA

Desde Autismo Galicia instamos a que se garanta a atención educativa ao alumnado con TEA e que leven a cabo medidas de detección e protección das persoas con TEA. O plan estratéxico de Convivencia Escolar hase de implementar na súa integridade, é responsabilidade de todos transmitir unha mensaxe de tolerancia cero.

29/01/2021

Hoxe 30 de xaneiro conmemórase nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz. Con esta celebración temos presentes que valores como tolerancia, convivencia, solidariedade, e respecto aos Dereitos Humanos e fundamentais, son importantes nunha cultura de non violencia e paz.

Esta é a base irrevogable que permite ao alumnado convivir e adquirir coñecementos, actitudes e competencias comprometidas cos seus dereitos e o doutras persoas, así como aceptar a diversidade de todo o alumnado e as súas capacidades, competencias e potencialidades diferentes.

Como nos lembraba a Confederación Autismo España, dos máis de 200.000 alumnos/ as con necesidades específicas de apoio educativo, preto de 40.000 presentan trastorno do espectro do autismo (TEA).

Teniendo en cuenta tamén que as cifras poderían ser maiores, as deficiencias que teñen os sistemas de detección e diagnóstico no noso país, as importantes disparidades nos censos das diferentes administracións, xunto ao rexistro sociodemográfico que está a realizar Autismo España, que constatou un aumento de alumnado escolarizado con TEA nun 118 % nos cursos 2011-2012 e 2017-2018.

ACOSO ESCOLAR E TEA

A investigación en canto ao acoso escolar de persoas con discapacidade tamén se incrementou recentemente (Smith & Berkkun, 2017). Os resultados de diferentes estudos poñen de manifesto que o alumnado con TEA é victimizado con maior frecuencia que os adolescentes con só discapacidade intelectual ou desenvolvemento típico. E mostran experiencias de acoso de diferente tipo e de maior gravidade en comparación con outros grupos.

Así pois, as persoas con TEA presentan maior risco de ser vítimas (Hernández, 2017) entre o dobre e o cuádruplo risco de ser vítima. A vulnerabilidade das persoas con TEA non se debe só ás súas características individuais senón ao contexto no que ven inmersas.

Desde Autismo Galicia instamos a que se garanta a atención educativa ao alumnado con TEA e que leven a cabo medidas de detección e protección das persoas con TEA. O plan estratéxico de Convivencia Escolar hase de implementar na súa integridade, é responsabilidade de todos transmitir unha mensaxe de tolerancia cero.

Archivada en:
Infórmate > Noticias